Aínda que pareza incrible, hai un ano que Domingo Villar nos deixou, ficando o mundo das letras un pouco máis orfo dende a súa partida.
Na nosa lembranza quedará para sempre o recordo eterno dun home bo e xeneroso, sempre fiel a esta editorial e a quen queriamos coma un irmán. A ninguén lle sorprende o agarimo que todo o público tiña e ten por Domingo Villar. Un grandísimo escritor pero, por enriba de todo, unha gran persoa.
Xa era un clásico antes da súa desgraciada perda e seguirá séndoo. Proba disto son os constantes aluimiños e mostras de afecto por parte dos seus fieis lectores e lectoras nas redes sociais, nas homenaxes que se celebran na súa honra… Grazas por tanto, Mincho. Non imos esquecerte nunca.