Haruki Murakami, Premio Princesa de Asturias das Letras

Categoría: Nova

Haruki Murakami é recoñecido co Premio Princesa de Asturias das Letras.

Na Editorial Galaxia traducimos obras como 1Q84, DO QUE ESTOU A FALAR CANDO FALO DE CORRER e TRAS DO SOLPOR.

Nado en Kioto, Xapón, en 1949, despois de realizar estudos universitarios, traballou durante oito anos como encargado dun bar de jazz en Toquio. Ao iniciar a súa carreira como novelista, marchou a vivir a Italia, Grecia e os EUA, onde foi profesor de literatura xaponesa na Universidade de Princeton. 

En 1995 volveu ao Xapón e actualmente vive en Toquio. É tradutor de Scott Fitzgerald, John Irving e Raymond Carver. Segundo el mesmo conta, a idea de escribir a súa primeira novela ocorréuselle mentres vía un partido de béisbol, deporte moi popular no Xapón. Escoita a voz do vento (1979) sería tamén a primeira novela da “Triloxía do rato”. Entre as súas novelas máis coñecidas cómpre citar Norwegian Wood(1987) ou Kafka na beiramar (2002).

As súas obras están traducidas a máis de trinta idiomas e por elas recibiu recibiu prestixiosos premios como o Noma, o Tanizaki, o Yomiuri e o Franz Kafka e, en Galicia, o Arcebispo San Clemente, concedido por estudantes galegos.

Obtivo o Premi Internacional de Catalunya 2011 outorgado pola Generalitat “por convertir a súa obra nun referente destacado do panorama literario mundial e construír unha ponte entre Oriente e Occidente”. E en 2015, o Hans Christian Andersen.

Comparte nas túas redes sociais ou por email