A Editorial Galaxia publica O libro do fútbol, unha aposta literaria que conta coa participación dalgunhas das principais voces da literatura galega.
Pedro Feijoo, Mercedes Corbillón, Xosé Ramón Pena, Alberto Avendaño, Elena Gallego Abad, Ana Abad de Larriva, Rexina Vega, Xosé A. Perozo, Ernesto Is, Cristina Pato e Afonso Becerra de Becerreá, son as encargadas e encargados de conformar esta proposta na que o deporte é a protagonista. Como se dun equipo de fútbol se tratase, fixemos unha aliñación de 11 “xogadores” que dán o mellor de si neste orixinal partido literario.
Publicada na colección Literaria de Editorial Galaxia, esta antoloxía presenta unha escollida selección de once autoras e autores para pór en palabras a emoción e a paixón polo fútbol. Un deporte que non entende de razas, clases nin cores. Ao igual que no deporte, este libro busca un ben común: expoñer a querenza por este xogo popular e as historias que nacen a través del. Esta semana chegará a todas as librarías de Galicia.
Xunto coa colección O noso deporte, que abrangue publicacións como Manuel de Castro. Handicap. Crónica dunha paixón polo fútbol, de Adrián Estévez, e o vindeiro libro que está por vir, De Irene a Vero Boquete, da autoría de Héctor Pena; Galaxia aposta por poñer en valor o deporte galego.