Presentación de “Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004)”, na Coruña

O xoves 4 de maio, celebrarase, ás 19 h, na libraría Berbiriana da Coruña, a presentación de Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004), de Luísa Villalta, en edición de Armando Requeixo. Acompañando o editor, estarán Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta, Diana Varela Puñal, poeta, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. “Pensar é escuro. […]
Presentación de “Escola de mulleres”, en Vigo

O mércores 3 de maio, celebrarase, ás 20 h, na libraría Librouro, en Vigo, a primeira presentación oficial de Escola de mulleres, de Inma López Silva. Acompañando a autora, estarán Rexina Vega, escritora, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. A Editorial Galaxia publica a nova novela de Inma López Silva, “Escola de mulleres“. A […]
Manolo González gaña o Premio Losada Diéguez por “Nos días encantados de agosto”

Recibe o galardón na categoría de Ensaio e Investigación. A XXXVIII edición do Premio Antón Losada Diéguez, un certame literario que convoca de forma anual xunto ao Concello de Boborás, e que elixiu como obra gañadora, na categoría de Ensaio e Investigación “Nos días encantados de agosto. Jnha biografía de José Gil”, de Manolo González. […]
Galaxia estará na Feira do Libro de Santiago de Compostela

Mañá, sábado 29 de abril, comezará a Feira do Libro de Santiago de Compostela, a segunda nesta nova edición, que estará aberta ata o domingo 7 de maio. Celebrarase no Paseo Central da Alameda. A nosa editorial estará na caseta nº 5. Editorial Galaxia estará presente cunha programación para todos os públicos: Venres 29, ás […]
Presentación de “O mundo de cores de Roque e Lía”, no Centro Comercial Travesía

O venres 28 de abril, celebrarase, ás 18 h, no Centro Comercial Travesía, en Vigo, a presentación de O mundo de cores de Roque e Lía, de Paula Suárez, ilustrado por Nuria Díaz. Celebrarase un contactos con actividades para as nenas e nenos que acudan ao acto. Roque e Lía, teñen un xogo secreto grazas ao […]
Presentación de “50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar a póla no seu chío”, en Vigo

O xoves 27 de abril, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de 50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar a póla no seu chío, de Mero Iglesias. Acompañando o autor, estarán o xornalista Xulio Xiz, e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia. O acto […]
O Premio de Novela Pata Negra levará o nome de Domingo Villar

Os premios convocados polo Congreso de Novela e Cine Negro da Universidade de Salamanca anunciaron onte que o Premio de Novela Negra nomearase a partir de agora: Premio de Novela Negra Domingo Villar, homenaxeando ao ilustre e querido escritor vigués. Este galardón premia a mellor novela negra editada en España e consiste na entrega dun […]
Editorial Galaxia publica “Escola de mulleres”, a nova novela de Inma López Silva

A Editorial Galaxia publica a nova novela de Inma López Silva, “Escola de mulleres“. A autora, gañadora do Premio da Asociación de Críticos Literarios con “O libro da filla” (Editorial Galaxia, 2020), volverá sorprender ás lectores e lectores con este novo libro. Esta novela fala sobre a fuxida. A súa protagonista, Gloria, unha profesora de […]