Editorial Galaxia publica Coímbra, de Xosé de Cea. Un mosaico no que o autor, a través dunha rúa do barcelonés barrio de Horta, vai construíndo a epopea da emigración galega en Cataluña vivida por un neno.
Publicado na colección Literaria, esta obra, de corte autorreferencial, é testemuña dun tempo de convulsos cambios sociais que se precipitan tras a fin da ditadura franquista. As lectoras e lectores poderán acompañar ao protagonista na transición política e os condicionantes que educan a toda a unha sociedade.
Pólvora, libros, desamor, pornografía, delincuencia… Os lectores e lectoras avanzarán a tropezos e puñadas co autor ata decatarse con el de que, ao final, aquela odisea migratoria que sacaría a millóns de homes e mulleres da fame e da miseria acabará deixando como herdanza o desarraigamento, o exilio e a condena.
Xa dispoñible en todas as librarías de Galicia.