Un roteiro festexará os 20 anos de Frank Soutelo, no Carballiño

A colección do famoso detective Frank Soutelo, ideada por Miguel Anxo Fernández, gozará do seu propio roteiro, no Carballiño. Esculturas e placas explicativas lembrarán no concello ourensán o protagonista creado por Fernández. Foi no ano 2002 cando o detective Frank Soutelo botaba a andar polos vieiros da literatura galega. Da man do seu creador, o crítico de cine, […]
A Editorial Galaxia e Reizentolo anuncian a publicación dun libro arredor dos 20 anos da marca téxtil

O mes que vén, a Editorial Galaxia publicará dentro do seu catálogo o libro titulado Antes molabamos máis, un volume que recolle a historia da empresa de deseño téxtil galego, Reizentolo. A publicación enmárcase dentro dos actos de celebración do 20 aniversario da popular marca Reizentolo que fixo da retranca en clave galega, o seu […]
Tres obras de Editorial Galaxia son seleccionadas no XXI Premio Plácido Castro de Tradución

As obras Diario do ano da peste, de Daniel Defoe, traducida por Xesús Fraga, Dublineses, de James Joyce, traducida por María Alonso Seisdedos, e Claudine na escola, de Colette, traducida por Darío Xohán Cabana, son as escollidas nesta primeira selección. As tres obras, publicadas na colección Literaria de Editorial Galaxia, son unha aposta por traer ao galego obras […]
Inauguración da exposición “Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito”, en Vilanova de Lourenzá

O mércores 10 de maio, celebrarase, ás 19 h, no Museo de Arte Sacro de Vilanova de Lourenzá, a inauguración da exposición, que leva por título Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito, arredor do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, comisariada por Malós Cabrera e Malores Villanueva. No acto, estarán, Anxo M. […]
50 anos de “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”

En maio de 1973 As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, obra dramática da que era autor Carlos Casares, obtiña o primeiro premio no Concurso de Teatro Infantil Galego convocado por primeira vez pola Agrupación Cultural O Facho. Logo, a obra, con dirección de Xosé Manuel Rabón, sería estreada polo Grupo Teatral O Facho, no […]
Galaxia e ASTEAVI colaboran pola inserción laboral das persoas con TEA

A editorial Galaxia e a Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo (ASTEAVI) asinan un convenio de colaboración para mellorar a inclusión de persoas con trastorno do espectro autista no mercado de traballo. A editorial Galaxia móstrase comprometida co programa de integración laboral de ASTEAVI desde xa hai anos, pois este non é o […]
Presentación de “A batalla de Rande”, en Redondela

O sábado 6 de maio, celebrarase, ás 19 h, no Museo de Meirande, en Redondela, a presentación de A batalla de Rande, de David Braña, ilustrado por Pablo Prado. Acompañando o autor David Braña, estará a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Baixo a batuta de David Braña, Pablo Prado leva á […]
Galaxia inaugura a colección O noso deporte

Esta semana chega ás librarías de toda Galicia o primeiro dos libros que a Editorial Galaxia publicará dentro da súa nova colección O noso deporte. Esta colección pretende achegarlle ao público galego as vidas, fitos e temas relacionados co deporte galego escritos por especialistas de primeiro nivel e cun evidente afán divulgativo. O libro Manuel […]