Galaxia recibe a visita do Presidente do Partido Cultural da Estrada en Bos Aires

Categoría: Nova

Hoxe, na Editorial Galaxia, recibimos a visita de José Manuel Besteiro, Presidente do Partido Cultural da Estrada en Bos Aires; unha institución fundada o 23 de outubro de 1943, que este ano celebrará o seu 80º aniversario. 

Besteiro representou a todas a todos os galegos emigrados que seguen tendo Galicia na mirada e no corazón. Nas nosas instalacións, compartiu o seu interese polo labor editorial e a cultura en Galicia, tecendo lazos transatlánticos. Estivo acompañado por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e novos proxectos. 

Comparte nas túas redes sociais ou por email