Galaxia recibe a visita do Presidente do Partido Cultural da Estrada en Bos Aires

Hoxe, na Editorial Galaxia, recibimos a visita de José Manuel Besteiro, Presidente do Partido Cultural da Estrada en Bos Aires; unha institución fundada o 23 de outubro de 1943, que este ano celebrará o seu 80º aniversario. Besteiro representou a todas a todos os galegos emigrados que seguen tendo Galicia na mirada e no corazón. […]
Presentación de “O home que matou a Antía Morgade”, no Porriño

O venres 9 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, no Círculo Recreativo Cultural, no Porriño, a presentación de O home que matou a Antía Morgade, de Arantza Portabales. Acompañando a autora, estará o escritor Diego Giráldez. Unha das principais voces da escena ‘noir’ do país, volve a sorprendernos cunha nova entrega, ateigada de intriga e misterio. A […]