A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo celebra a xornada “As Letras Galegas e o Dereito”, en Vigo

Categoría: Nova

O xoves, celebrouse, na sala de videoconferencias da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, no Campus de Vigo, unhas xornadas que levan por título As Letras Galegas e o Dereito.

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2023 dedicado a Francisco Fernández del Riego, a Facultade organizou este acto, no que ademais de varios relatorios, anunciouse o fallo do xurado do II Premio Xurídico de investigación en Lingua Galega Xosé Luis Franco.

Durante a mañá, Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia, impartiu unha conferencia titulada Semblanza de Francisco Fernández del Riego.

 

 

 

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, a través da Coordinación de normalización e política lingüística convoca cada ano o Premio de Investigación xurídica en lingua galega Xosé Luis Franco.

Dentro do marco normativo institucional que protexe a lingua galega través da Constitución do Estado, do Estatuto de Autonomía de Galicia,
así como da Lei de Normalización lingüística e dos propios Estatutos da Universidade de Vigo que sinalan que esta é a lingua propia da Universidade, establécese esta acción e este premio co gallo da promoción da lingua galega. Para o nomeamento deste premio de investigación xurídica en lingua galega, presentouse á comunidade da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo os nomes de recoñecidos persoeiros vencellados ao dereito e ás letras escollendo por votación popular a Xosé Luis Franco Grande.

Comparte nas túas redes sociais ou por email