Presentación de “Poder non é querer”, en Santiago de Compostela

O xoves 28 de setembro, celebrarase, ás 18 h, no IES Arcebispo Xelmírez I, en Santiago de Compostela, a presentación de Poder non é querer, de Noela Rivas Cantelar. Acompañando a autora, estarán Manuel Portas, escritor; Dolores Vilavedra Fernández, conselleira de Editorial Galaxia; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Noela Rivas debuta nas nosas […]
Rolda de prensa arredor de “SÍBARIS”, en Vigo

O mércores 27 de setembro, celebrarase, ás 12:30 h, no Elixio de Vigo, unha rolda de prensa de presentación arredor de SÍBARIS, de Domingo Villar. No acto participarán Beatriz Lozano, viuva de Domingo Villar; Ofelia Grande de Andrés; directora de Ediciones Siruela; Toni Garrido, produtor do espectáculo teatral; Carlos Blanco, actor; Lois Blanco, director da […]
“As faces do diamante”, o novo libro de Celia Díaz Núñez

Publicado na colección Literaria de Editorial Galaxia, As faces do diamante, é un libro de relatos que se entrecruzan e personaxes que reaparecen en distintas etapas vitais, creando unha historia plural que abrangue máis de oitenta anos. A través dun discurso no que premia a denuncia social, como Díaz Núñez amosou en obras como a súa […]
Presentación de “Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete”, en Santiago de Compostela

O luns 25 de setembro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Cronopios de Santiago de Compostela, a presentación de Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete, de Héctor Pena. Acompañando o autor, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Esta é unha proposta que estuda o fenómeno deportivo feminino. […]
Presentación do libro “De Galicia a Mauthausen”, en Santiago de Compostela

O venres 22 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación do libro De Galicia a Mauthausen, de Alba Garrido. Acompañando a autora, estarán Antonio Míguez, historiador e profesor na USC; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Este traballo de investigación histórica, de Alba Garrido Fernández, engrosa […]
Rolda de prensa arredor de “Maruchi e o gancho”, na Estrada

O xoves 21 de setembro, celebrarase, na sala de xuntas do Concello da Estrada, ás 12 h, unha rolda de prensa de prensentación arredor do álbum Maruchi e o gancho, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, de Laura Cid Rascado. Acompañando a autora, estarán José López Campos, alcalde da Estrada; e Xesús Domínguez Dono, director […]
A Editorial Galaxia publica “Miña casiña, meu lar”, de Rosalía de Castro, en formato ilustrado

Blanca Millán converte o poema de Rosalía de Castro nunha celebración visual, delicada e cunha estética absolutamente moderna, que contextualiza a obra da autora no mundo actual. A ilustradora dedica Miña casiña, meu lar a todas aquelas que converten cousas pequenas en manxares. Este libro, amosa o valor do pequeno, a loita pola supervivencia dos máis […]
Galaxia publica “70º Norte”, de Xaime Toxo

Xaime Toxo debuta, en Editorial Galaxia, coa novela 70º Norte, publicada na colección Literaria. Nesta distopía fantástica, o autor, presenta o colapso social que acontece nas grandes áreas metropolitanas, indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado de desenvolvemento. Unha reminiscencia pandémica, na que unha praga contaxiosa leva á civilización postindustrial aos límites da […]