Celebramos o Día das Librarías

Categoría: Nova

Este sábado celebramos, todas e todos os amantes das lecturas, o Día das Librarías.

Unha efeméride que pon en valor o gran labor que desenvolven estes templos, tesoureiros da palabra. Festexamos o seu traballo de difusión, a través dos seus espazos; pois neles pasamos moitas horas pescudando novos volumes ou deixándonos asesorar polas libreiras e libreiros que, con tan bo criteiro, nos introducen a novas lecturas.

Esta data rende homenaxe a todos eses lugares que nos permiten soñar e achegarnos a diversos mundos, a través de páxinas ateigadas de historias e vivencias. Cada libraría é un mundo de oportunidades e sensacións, na que se vive e comparte o pracer pola cultura.

Homenaxeémolas visitándoas, revisando os seus andeis, comprando alí os nosos libros e, en definitiva, lendo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email