Lecturas recomendadas para este curso

Setembro é, xunto con xaneiro, o mes dos novos comezos. A cativada empezou este novo curso coa mochila cargada de ilusión e con toda a enerxía para seguir medrando e aprendendo nas aulas. Gran parte deses coñecementos atesóurannos os libros e as súas historias fantásticas. Ler sempre é un acerto e un camiño que nos […]
Inauguración da exposición “Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito”, en Vigo

O venres 15 de setembro, celebrarase, ás 17 h, no Museo do Mar, en Vigo, a inauguración da exposición, que leva por título Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito, arredor do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, comisariada por Malós Cabrera e Malores Villanueva. No acto, estarán, Marta Lucio, directora do […]
Presentación de “Millennials”, en Santiago de Compostela

O xoves 14 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de Millennials. Unha xeración entre dúas crises, de Raquel C. Pico. Acompañando a autora, estará María Ramos, xornalista. Publicado na colección Hoxe é hoxe, de Editorial Galaxia, Millennials, reflexa como a xeración millennial medrou na España que […]
Mañá chegará a todas as librarías o novo libro de Domingo Villar

O mércores 13 de setembro chegará a todas as librarías de Galicia SÍBARIS, a obra póstuma de Domingo Villar. O autor deixou preparado o libro para a súa publicación este ano. Será unha derradeira homenaxe a un dos nosos autores máis queridos. Inma López Silva é a autora do limiar que comeza recuperando unhas conversas […]
Presentación de “Mururoa”, en Vigo

O martes 12 de setembro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Librouro de Vigo, a presentación de Mururoa, de Miguel Martín. Acompañando o autor, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Editorial Galaxia publica, na colección Costa Oeste, Mururoa, unha novela que afonda no comportamento humano, tanto a nivel individual como colectivo, diante de noticias […]
Galaxia publica “Run baby run”, de Fátima Delgado

A obra Run baby run, de Fátima Delgado, engrosa a colección Teatro de Editorial Galaxia. Correr, respirar, loitar… é a máxima desta creación que aborda a discriminación de xénero no deporte. Unha reflexión sobre canto se pode chegar a loitar sen traizoar os propios principios. A protagonista, Alba, é unha atleta que adestra duro para conseguir […]
Galaxia publica “XE”, un canto á diversidade

Xe, é un álbum de Lara Boubeta Bamio, ilustrado por Sara Valcárcel, que fala sobre a liberdade, sobre o dereito de ser a persoa que verdadeiramente queiramos ser. Nesta lectura, dedicada á cativada, o personaxe principal, Xe, é un neno ou unha nena, quen sabe? Un misterio para toda a humanidade. A través desta historia, autora e ilustradora, […]
Xa no noso almacén o novo libro de Domingo Villar

A última hora de onte recibíamos no noso almacén os exemplares de Síbaris, a obra póstuma de Domingo Villar. O libro porase á venda o vindeiro 13 de setembro e estará presente en todas as librarías de Galicia. Domingo Villar deixou preparado o libro para a súa publicación este ano. Será unha derradeira homenaxe a […]