Rolda de prensa arredor do Premio Carlos Mosteiro, na Pobra do Caramiñal

O martes 5 de setembro, celebrarase, ás 11 h, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, unha rolda de prensa arredor da convocatoria do Premio Carlos Mosteiro 2023. No acto, participarán Patricia Lojo, concelleira de Cultura, María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. […]
Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023

A autora fenesa sobresae no certame coa súa obra ‘As alumnas’. A escritora fenesa Paula Carballeira Cabana vén de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática de 2023, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, pola súa obra As alumnas (Galaxia), a proposta do xurado reunido esta sexta feira. O premio está dotado con 30.000 euros. […]
Primeiras novidades para o outono da Editorial Galaxia

Os días vanse acurtando e temos un feixe de novidades para este outono que xa se anuncia ás alancadas. A Editorial Galaxia publicará o 13 de setembro o libro inédito de Domingo Villar, Síbaris, unha obra de teatro que o autor vigués deixou rematada e entregou á editorial para a súa publicación e que terá […]
As novidades de Editorial Galaxia no mes de setembro

Galaxia pechará as súas portas durante todo o mes de agosto, a partir do día 3. O equipo da fábrica de libros estará de vacacións ata setembro, coa vista posta nas novidades que chegarán para o novo curso. A partir deste primeiro trimestre, publicaremos libros para todos os gustos, en todas as coleccións, e algunhas […]
Galaxia recupera “Un home que xaceu aquí”, a primeira novela de Anibal C. Malvar

Di Anibal C. Malvar de si mesmo que foi un trobador medieval nacido a destempo. Máis alá desta brincadeira, está claro que as catro novelas negras que publicou nos anos 90 son do mellor na nosa produción literaria. El adiantouse ao que agora moitos denominan Galician Noir, cun saber facer e unha calidade extraordinarias. Todas […]
Galaxia estará na Feira do Libro da Coruña

Mañá, martes 1 de agosto, comezará a Feira do Libro da Coruña, que se celebrará nos Xardíns de Méndez Núñez, ata o día 10 do mesmo mes. Editorial Galaxia estará presente cunha programación para todos os públicos durante todas as xornadas: Martes 1 de agosto, 17:30 h. Espectáculo infantil con Pakolas arredor de A Ramona […]
Galaxia publica o seu Catálogo de lecturas recomendadas para Educación Primaria

O presente catálogo de lecturas recomendadas para educación primaria de Editorial Galaxia quere proporcionar ás mestras, mestres, bibliotecarias e bibliotecarios dos centros escolares galegos e responsables dos clubs de lectura, unha selección de obras de referencia para o fomento da lectura na nosa lingua, a educación literaria e a comprensión lectora. Na actualidade, o maior […]
Galaxia publica a “Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete”

Unha proposta que estuda o fenómeno deportivo feminino. Despois de inaugurar a colección O noso deporte co libro Manuel de Castro. Handicap. Crónica dunha paixón, de Adrián Estévez, que homenaxea o centenario do RC Celta; este novo libro, escrito da man de Héctor Pena, pon en valor a relación da muller co fútbol. Son moitas […]