Presentación de “Os tímpanos de Compostela”, en Santiago

O xoves 27 de xullo, celebrarase, ás 19:30 h, en Afundación de Santiago de Compostela, a presentación do libro Os tímpanos de Compostela, de Ramón Yzquierdo Peiró. Acompañando o autor, estarán Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela, Belén Hernández, xerente do Consorcio, Juan Conde Roa (Consorcio de Santiago), e Francisco Castro, director xeral de Editorial […]
Celebramos Galicia

Este martes 25 de xullo celebramos o Día de Galicia, unha ocasión para festexar a nosa identidade, cultura e orgullo de pertenza. A data da que falamos non só é o día do noso país, se non o día no que nacía o proxecto Galaxia, un 25 de xullo de 1950, no bodegón do hotel […]
Chega o novo número da revista Grial: “1963. O ANO DO PRODIXIO”

En 1963, aqueles galeguistas que fundaron en 1950 Editorial Galaxia, botan a andar a Fundación Penzol (o verdadeiro “Arquivo Nacional de Galicia”, que non existe como tal figura), o arquivo privado máis relevante do noso país. Xosé Manuel Dasilva e Francisco Domínguez achégannos aspectos diferentes da Fundación: Dasilva dá claridade sobre a súa orixe e […]
Combater a través da arte o horror

Editorial Galaxia publica, na súa colección Literaria, Quen escribirá a miña historia?, unha obra de Iria Morgade Valcárcel. Nesta proposta, a escritora conecta o pasado co presente en favor da memoria histórica e a xustiza. Alba, adéntrase nun enigma a través dunha frase dos anos trinta, escrita nun muro. Unha sorte de revelación no tempo que […]
Galaxia publica “De Galicia a Mauthausen”, na colección Memoria Histórica

Este traballo de investigación histórica, de Alba Garrido Fernández, engrosa o catálogo da colección Memoria Histórica. Unha proposta que procura dar luz sobre as orixes, contextos, traxectorias vitais e experiencias daqueles galegos que remataron nos campos de exterminio da Alemaña nazi, para que o seu doloroso transitar non quede no esquecemento, construíndo, ademais, unha base […]
Lecturas recomendadas para primaria de Editorial Galaxia

Este catálogo de lecturas recomendadas para educación primaria de Editorial Galaxia quere proporcionar ás mestras, mestres, bibliotecarias e bibliotecarios dos centros escolares galegos e responsables dos clubs de lectura, unha selección de obras de referencia para o fomento da lectura na nosa lingua, a educación literaria e a comprensión lectora. Podedes ollalo clicando aquí. Na actualidade, […]
Editorial Galaxia publica a novela gráfica “O paso do noroeste”, de Queipo & Primitivo

A Editorial Galaxia presenta un novo volume da súa colección de Novela Gráfica: a épica travesía do navío L’Épée dende Brest a badía do Hudson narrada coa mestría dos clásicos por Xavier Queipo en O paso do Nooeste, Premio García Barros, 1996, agora adaptada ao cómic polo debuxante Primitivo Marcos. O periplo desta expedición científica […]
Editorial Galaxia publica o libro que revisa a historia e os deseños dos 20 anos de reizentolo

A semana que vén estará dispoñible nas librarías de todo o país o libro ANTES MOLABAMOS MÁIS, publicado por Editorial Galaxia e que repasa a traxectoria ao longo de dúas décadas dunha das marcas máis potentes e coñecidas do noso país: reizentolo. A publicación, en tapa dura e case 250 páxinas, aparece cun deseño rachador, […]