“Ícaras”, unha lectura fermosa que abraza a vulnerabilidade

Ícaras, de Carlos Labraña, ilustrado por Mara Méndez, foi a obra gañadora do Premio O Facho de Teatro Infantil 2022. Esta lectura recomendada a partir dos 10 anos, conta a historia de Lía. Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana, unha […]
Pinto & Chinto clasifícanse para os Xogos Olímpicos de París

A parella humorística clasifícase para os xogos olímpicos de París deste verán, nun momento no que o seu libro Os xogos olímpicos de Ningures, acada a 6ª edición. Un recoñecemento esencial para saborear o éxito olímpico! Como reza o libro: “outros Xogos Olímpicos pasarán á Historia por ser os mellor organizados. Outros Xogos Olímpicos pasarán á […]
Celebrar a poesía

Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía, unha data que apoia a diversidade lingüística e busca promover a ensinanza deste xénero. A poesía é un medio, a través do cal a sociedade, durante toda a historia, foi capaz de expresar pensamentos, sentimentos e emocións, empregando unha linguaxe ateigada de beleza. A través da poética, as […]
Presentación de “As vidas do río”, en Pontevedra

O xoves 21 de marzo, celebrarase, ás 19 h, no andar 0 da zona acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, a presentación de As vidas do río, de Xulio Teixeira. Acompañando o autor, estarán Antón Sobral (Ateneo de Pontevedra); María Díaz, xornalista de Cadena Ser; Tomás Alonso, xornalista de Tvg; Antón Vidal Andión, presidente […]
“O teu perfil na miña sombra”, diario dunha nai

Rexina Vega publica, na colección Literaria, O teu perfil na miña sombra. Un libro que non é exactamente unha narración, tampouco un poemario nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o “ser muller”: a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, […]
“Contas de buxo”, os silencios da familia

Publicada na colección Costa Oeste, esta obra supón o debut de Raquel Fernández Fernández en Editorial Galaxia. Dirixido a público xuvenil, Contas de buxo conta a historia de Lara, unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén […]
“Dakota”, a hospitalidade na neve

Dakota, Premio Victoriano Taibo 2023, de Masha Álvarez, publicado na colección Dombate, é unha audaz xeopolítica do desarraigamento onde se destaca a memoria da infancia, os lazos familiares e os espazos compartidos coas mulleres e homes que precederon a autora. A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta […]
O debut do comisario Serafín Freixeiro

Xulio Teixeira debuta en Editorial Galaxia con As vidas do río, unha novela de suspense que fai que o lector sinta a forza de atracción dunha cidade actual, viva e máxica, onde as emocións animarán o seu camiño para coñecela. Pontevedra, escenario do crime. Semana Santa, un tempo de tensión política, relixiosa e social. Un misterio […]