María Alonso Seisdedos debuta como novelista con “As Jermaine”

Galaxia publica, na colección Literaria, As Jermaine, de María Alonso Seisdedos. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cubeta dunha cámara escura alumada por unha tenue lámpada da cor do sangue, que somos efémeros actores do presente e peóns do pasado, movidos polos fíos que […]

Rolda de prensa arredor de “Tecendo redes”, en Viveiro

O venres 5 de abril, celebrarase, ás 11 h, na sala do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, unha rolda de prensa de presentación arredor de Tecendo redes, Premio Vilar Ponte de Novela, de Irene Rega Jul. Acompañando a autora, estarán María Loureiro García, alcaldesa do Concello de Viveiro; e Malores Villanueva, editora. Tecendo redes é unha […]

Claves da literatura galega

Galaxia publica na colección Ensaio A literatura galega contada aos escépticos, de Manuel Veiga. Esta lectura reflexiona sobre as razóns que levan a algúns afeccionados á lectura a non ler libros en galego nunca. E non só por falta da competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar […]

Presentación de “O corazón das casas”, en Vigo

O mércores 3 de abril, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón, en Vigo, a presentación de O corazón das casas, de An Alfaya, ilustrado por Mario G. Alfaya. Acompañando a autora e o ilustrador, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Para os máis pequenos da casa publicamos, na colección Árbore, O corazón […]

Presentación de “Pasado arrincado”, na Guarda

O martes 2 de abril, celebrarase, ás 20 h,  no Salón de Plenos do Concello da Guarda, dentro das II Xornadas de Memoria Histórica, a presentación de Pasado arrincado. Lugares de memoria democrática en Galicia, coordinado por Emilio Grandío Seoane. Acompañando o coordinador, estará Fernando Serrulla Rech, antropólogo forense do IMELGA. Un espazo. Un recordo. Os lugares de […]

Lecturas para o lecer

Chuvía, vento e tempo libre, caldo de cultivo para desfrutar dun café e as nosas lecturas favoritas. Durante esta ponte, que mellor plan que poñernos ao día con eses libros pendentes? Dende Galaxia, destacamos algunhas ideas: 70º NORTE, de Xaime Toxo. Unha reminiscencia pandémica, na que unha praga contaxiosa leva á civilización postindustrial aos límites […]

O amieiro que quixo coñecer mundo

Anjel Lertxundi publica, na colección Costa Oeste, O outeiro do amieiro. O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas. E non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou […]