Vivir na lúa

Hoxe hai corenta anos que o ser humano subiu á Lúa para deixar alí a súa pegada de esperanza. Moito antes, outros xa soñaran, dende a literatura, esa mesma epopea. Emile de Rostand, por exemplo (célebre polo seu Cyrano) e, sobre todo, Verne, xa fixeran que os seus personaxes pasearan por ela. Os poetas, como […]

Beiras recibe o Premio Trasalba 2009

Reivindicación da nación. Memoria dos devanceiros. Río que nos continúa, dende os Ilustrados á Xeración Nós, dende Rosalía a Bóveda, Castelao, Ánxel Casal, Roberto Blanco Torres, Víctor Casas, Xurxo Lourenzo, Arturo Noguerol… O libro dos amigos. Adrián Solobio. Defensa da lingua e defensa da dignidade. Negación do conformismo. Chamamento a reaccionar. "Rexurdirá a nosa xente […]

Poniatowska e Murakami, candidatos ao Príncipe de Asturias

Os escritores Haruki Murakami e Elena Poniatowska protagonizan hoxe unha parte importante da atención mediática cultural en todo o Estado pois son dous dos nomes que baralla o xurado do Premio Príncipe de Asturias das Letras para recibir o galardón o vindeiro mércores. O xaponés e a mexicana forman parte da terna de candidatos nos […]

Os brincos da vida

O economista e ex-vicepresidente da Xunta de Galicia, bota neste libro unha ollada ao tempo pasado mais sen a intención de o recuperar. Velaquí unha autobiografía novelada, un conto longo escrito cunha fina ironía e unha pluma áxil, ao tempo que descrida, no que se relata a Guerra Civil vista a través dos ollos dun […]

O verán é dos libros

Vacacións. Toca ler. Na praia. Entre a area. Despois de pelexar coas ondas. Pola beiramar, cando o sol vai durmir. Lerlles aos cativos, que andan a descobrir o mundo ao tempo que o sabor dos xeados. Agasallar cun libro a quen nos quere ben, á caloriña cómplice da noite do estío. Ler para estar noutro […]

Un amigo entre amigos

'Un amigo entre amigos' é o título da mostra que hoxe abrirá na Biblioteca Fundación Caixa Galicia de Santiago e que poderá visitarse ata fin de mes. O recoñecido escritor galego X. A. Neira Cruz, responsable das coleccións Árbore e Costa Oeste de Galaxia, achégase á Biblioteca Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela por […]

A exposición "Ramón Piñeiro. Olladas no futuro" na Coruña

A exposición está organizada pola Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Presidencia da Xunta de Galicia e poderá visitarse todos os días, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00. O acto de inauguración contou coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, […]

O Consello da Cultura ponlle fin a un ano de celebracións

O Consello da Cultura Galega (CCG) poñerá fin ao programa de actividades conmemorativas dos seus 25 anos (1983-2008) cun solemne acto presidido polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A sesión terá lugar no salón de actos da institución o xoves, 9 de xullo ás 19 horas e contará tamén coas intervencións de Ramón Villares, […]