Vacacións. Toca ler. Na praia. Entre a area. Despois de pelexar coas ondas. Pola beiramar, cando o sol vai durmir. Lerlles aos cativos, que andan a descobrir o mundo ao tempo que o sabor dos xeados. Agasallar cun libro a quen nos quere ben, á caloriña cómplice da noite do estío. Ler para estar noutro sitio, dobremente de vacacións. Moreas de libros que foron facendo columnas imposibles que desafían ás ordes de Newton e que semella que nunca iamos ter tempo de ler, agora cháman por nós. Tes que lerme. Agora non tes escusas. Vacacións. Toca ler. Sempre toca ler. O estío é só un pretexto para reprogramar un dos nosos desexos máis gorentosos: entrar nunhas páxinas que fagan que deixemos de ser as estatuas de sal estática na que, en moitas ocasións, nos converte a vida.Vacacións. Toca ler. Pescudade, entre os tesouros que agocha o mar, un libro que sexa habitación con vistas á fantasía.
Lémonos de novo en setembro.