Un amigo entre amigos

Categoría: Nova

'Un amigo entre amigos' é o título da mostra que hoxe abrirá na Biblioteca Fundación Caixa Galicia de Santiago e que poderá visitarse ata fin de mes.

O recoñecido escritor galego X. A. Neira Cruz, responsable das coleccións Árbore e Costa Oeste de Galaxia, achégase á Biblioteca Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela por medio dos seus contos. Unha exposición bibliográfica amosaranos de preto todos os traballos do escritor dándonos a posibilidade de ler e reler todas as aventuras e relatos. Unha mostra para espertar a nosa imaxinación e para coñecermos mellor a un dos autores de referencia no noso país no ámbito da literatura infantil e xuvenil.

Comparte nas túas redes sociais ou por email