Un amigo entre amigos

'Un amigo entre amigos' é o título da mostra que hoxe abrirá na Biblioteca Fundación Caixa Galicia de Santiago e que poderá visitarse ata fin de mes. O recoñecido escritor galego X. A. Neira Cruz, responsable das coleccións Árbore e Costa Oeste de Galaxia, achégase á Biblioteca Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela por […]

O verán é dos libros

Vacacións. Toca ler. Na praia. Entre a area. Despois de pelexar coas ondas. Pola beiramar, cando o sol vai durmir. Lerlles aos cativos, que andan a descobrir o mundo ao tempo que o sabor dos xeados. Agasallar cun libro a quen nos quere ben, á caloriña cómplice da noite do estío. Ler para estar noutro […]

Os brincos da vida

O economista e ex-vicepresidente da Xunta de Galicia, bota neste libro unha ollada ao tempo pasado mais sen a intención de o recuperar. Velaquí unha autobiografía novelada, un conto longo escrito cunha fina ironía e unha pluma áxil, ao tempo que descrida, no que se relata a Guerra Civil vista a través dos ollos dun […]

Todo o verán por diante

Tomamos prestado o título dunha novela de Joaquim Gonzàlez i Caturla que acabamos de editar en Costa Oeste para lanzar unha reflexión arredor da necesidade de, neste tempo de lecer, aproveitar para achegar aos nenos e nenas ao mundo dos libros e da lectura. Porque é un tópico asumido por todos que os nosos pequechos […]

Un verán para xente dura

Estes días chegarán ás librerías catro novos títulos da colección "Os duros" de Galaxia. "A noite das filantes", de Xabier Puente Docampo e Xosé Cobas, "Bechos pequerrechos", de María Lires, "Misterio na selva De Ngorongón", de Alberto Varela Ferreiro e "O serrote do Gil" de Margarita Ledo e David Pintor. Esta é parte da aposta […]

O Consello da Cultura ponlle fin a un ano de celebracións

O Consello da Cultura Galega (CCG) poñerá fin ao programa de actividades conmemorativas dos seus 25 anos (1983-2008) cun solemne acto presidido polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A sesión terá lugar no salón de actos da institución o xoves, 9 de xullo ás 19 horas e contará tamén coas intervencións de Ramón Villares, […]

A exposición "Ramón Piñeiro. Olladas no futuro" na Coruña

A exposición está organizada pola Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Presidencia da Xunta de Galicia e poderá visitarse todos os días, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00. O acto de inauguración contou coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, […]

Luís G. Tosar, Fillo Adoptivo do Irixo

Este sábado, o autor de "Estúrdiga materia", Luís González Tosar recibirá un fermoso recoñecendo ao ser nomeado Fillo Adoptivo do Irixo. A cerimonia celebrarase ás 12.30 nun lugar de nome ben poético, a Ínsua dos Poetas, no quilómetro 4,5 da estrada O Carballiño-Lalín. Este acto está integrado dentro das actividades da I Festa da Palabra. […]