Castelao sempre en Galiza

A semana pasada cumpríronse 25 anos da volta dos restos de Castelao a Galicia. Nun final de Xuño de 1984, nunha xornada non exenta de incidentes, o corpo do que probablemente é o autor máis emeblemático da nosa literatura, e unha das figuras centrais da nosa cultura, volvían a Compostela para ficar para sempre na […]

Novoneyra e Graña recoñecidos pola RAG

Este sábado a Real Academia Galega daba a coñecer que o poeta do Courel, Uxío Novoneyra, era o escritor escollido para o Día das Letras 2010. Por outra banda, o tamén poeta Bernardino Graña era nomeado membro numerario da institución. Dous recoñecementos que foron celebrados unanimemente en todo o país. Uxío Novoneyra naceu en Parada […]

Para premiar o talento

O Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego presentou onte en Santiago a primeira edición dos premios Produto Gráfico Galego, unha iniciativa que pretende poñer en valor o traballo dos profesionais e das empresas do sector, que destaquen pola súa innovación e creatividade. Unha das catro categorías a concurso contará cunha dotación económica, a […]

Palabras de Xosé Manuel Beiras en Trasalba

GABANZA E ORACIÓN PROFANA A DON RAMÓN DE TRASALBA Por moi atrás que me remonte nas miñas lembranzas, até os recantos máis remotos da miña memoria infantil, non son capaz de sinalar o momento preciso en que nela emergulla por primeira vez a imaxe de Don Ramón Otero Pedraio -a tal ponto ela constitue unha […]

Desaparece Libro Aberto

A decisión de suprimir da programación o espazo "Libro Aberto", que dirixía o escritor Luis Rei Núñez e presentaba o poeta Manuel Romón, está a causar fonda preocupación no sector editorial e nos amigos dos libros. Debemos supoñer que os responsables da TVG deseñarán proximamente un novo espazo das mesmas ou similares características para responder […]

Loa aos escritores de Galicia

Esta fin de semana, distintos actos recoñecerán as traxectorias e o respecto que os galegos e galegas sentimos polos nosos autores. Por unha banda, Agustín Fernández Paz recibirá a "Letra E" da Asociación de Escritores en Lingua Galega na súa Vilalba natal, mentres que, en Moaña, serán recoñecidos Manuel María e Bernardino Graña. Por decisión […]

Cita coa memoria emigrante

Catro historias. Catro relatos humanos. Catro rexistros diferentes. Pero representativos, cheos de humanidade e de precisión documental, cun excelente talento narrativo que os aproxima á novela (e que lle permite contar cousas que non sempre acerta a contar o historiador), mais sen renunciar á esixencia do dato, o escrupuloso respecto ás fontes. Así describiu Pilar […]

Homenaxe a Xan Bouzada

O departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Universidade de Vigo, en homenaxe ao que foi un dos seus membros máis sobranceiros, organiza esta mesa redonda baixo o título: "Socioloxía da Cultura e traxectoria de Xan Bouzada". Participan os catedráticos de Socioloxía Fermín Bouza Brey, da Universidade Autónoma de Madrid, e José Pérez Vilariño, da […]