Homenaxe a Xan Bouzada

Categoría: Nova

O departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Universidade de Vigo, en homenaxe ao que foi un dos seus membros máis sobranceiros, organiza esta mesa redonda baixo o título: "Socioloxía da Cultura e traxectoria de Xan Bouzada". Participan os catedráticos de Socioloxía Fermín Bouza Brey, da Universidade Autónoma de Madrid, e José Pérez Vilariño, da Universidade de Santiago de Compostela, e os expertos en Socioloxía da Cultura e das Artes Arturo Rodríguez Morató, da Universidade Autónoma de Barcelona, e Juan A. Roche Cárcel, da Universidade de Alicante.

Comparte nas túas redes sociais ou por email