No 25 de Xullo, Galicia.

Como cada 25 de Xullo -data fundamental para Galaxia pois un día coma ese do ano 1950 nacía este proxecto editorial- reflexionamos sobre o que somos, sobre o que fomos e sobre o que queremos ser. O País enteiro ínzase de verbas de amor á patria e da necesidade de coidar o que nos significa […]

Luz Pozo Garza, premio Ramón Piñeiro 'Facer País'

Luz Pozo Garza foi a gañadora da oitava edición do premio Ramón Piñeiro 'Facer País', que promoven a Asociación Val de Láncara e outras agrupacións culturais de Sarria e do val do Neira, xunto co Concello de Láncara, o Club Unesco-Sarria e o colexio publico Ramón Piñeiro. A escritora lucense foi seleccionada por un xurado […]

Finou Antonio Pérez Prado

Hoxe todos os medios de comunicación galegos coinciden unanimemente no lamento pola morte do intelectual galeguista Antonio Pérez Prado (1926), un home que foi ponte, e casa amable de acollida, dende Buenos Aires, de persoeiros como Blanco Amor, Luis Seoane, Dieste, Lorenzo Varela ou Neira Vilas, así como con outros fillos de Galicia en tempos […]

Monicrequeando en galego, por que non?

Bocaberta é o novo programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística que ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega nas franxas máis novas. Trátase dun ambicioso programa de actividades, que se desenvolverán coa colaboración das principais editoriais en preto de 300 concellos de toda Galicia, dirixidas a nenos e mozos […]

A cociña de Larpeiros

Hoxe martes ás 12 horas no Salón Principal do Real Club Náutico de Vigo presentarase diante dos medios de comunicación o libro do cociñeiro Benigno Campos, "A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos". O acto contará coas intervencións de Alfonso Cabaleiro, Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Víctor F. Freixanes, director […]

Galaxia na Feira do Libro de Vigo 2009

Os postos da feira permanacerán abertos para os lectores vigueses dende o 10 ata o 19 xullo. O pregón inaugural terá lugar esta tarde, ás 20.30 h, e nesta edición está a cargo do escritor e compañeiro de Galaxia Francisco Castro. Antes, ás 19.30 h, asistiremos á conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor dos […]

A volta ao mundo en oitenta libros

O pasado venres, o escritor e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro, leu o pregón inaugural da Feira do Libro de Vigo. No mesmo, fixo unha defensa apaixonada da lectura como un antídoto diante do fanatismo ao tempo que alertou sobre o "suicidio como pobo" que pode supór a renuncia a coidar […]

Libros de Galaxia en Google

As cifras de interesados nos libros galegos de Editorial Galaxia a través de internet (buscador Google) seguen subindo. Non tanto as visitas, que no mes de xuño foron 45.305, bastante por debaixo da cifra record do mes de abril (178.466), coma os clics con enlace de compra, que no mes de xuño foron 259 (un […]