Luz Pozo Garza, premio Ramón Piñeiro 'Facer País'

Categoría: Nova

Luz Pozo Garza foi a gañadora da oitava edición do premio Ramón Piñeiro 'Facer País', que promoven a Asociación Val de Láncara e outras agrupacións culturais de Sarria e do val do Neira, xunto co Concello de Láncara, o Club Unesco-Sarria e o colexio publico Ramón Piñeiro. A escritora lucense foi seleccionada por un xurado entre outras 35 candidaturas presentadas por diferentes persoas e colectivos.
O premio ten por finalidade recoñecer o labor desenvolvido por unha persoa ou entidade galega a prol do país. Nesta ocasión e segundo destacou o xurado, a concesión está xustificada polo conxunto da súa obra literaria. Dende o punto de vista temático, o xurado tamén tivo en conta a presenza dos sentimentos universais do amor, a morte e o paso do tempo, ademais da entrega de Luz Pozo a divulgación dos valores literarios da lingua galega.

Comparte nas túas redes sociais ou por email