Libros de Galaxia en Google

Categoría: Nova

As cifras de interesados nos libros galegos de Editorial Galaxia a través de internet (buscador Google) seguen subindo. Non tanto as visitas, que no mes de xuño foron 45.305, bastante por debaixo da cifra record do mes de abril (178.466), coma os clics con enlace de compra, que no mes de xuño foron 259 (un 52 % máis ca no mes anterior).

A relación entre visitas e compras é moi grande, característica deste tipo de promoción na rede, pero o escaparate internacional que representa o buscador para o libro galego parécenos importante, e non incompatible con outras iniciativas.

Os libros máis demandados seguen sendo os dicionarios: "Dicionario enciclopédico da cultura galega (Diciopedia)" con 13.829 páxinas consultadas; "Dicionario de sinónimos" (5.087 páxinas); "Dicionario Normativo" (2.341 páxinas) e "Dicionario Galego-Castelán" (1,973 páxinas).

Comparte nas túas redes sociais ou por email