O pasado venres, o escritor e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro, leu o pregón inaugural da Feira do Libro de Vigo.
No mesmo, fixo unha defensa apaixonada da lectura como un antídoto diante do fanatismo ao tempo que alertou sobre o "suicidio como pobo" que pode supór a renuncia a coidar do sistema educativo galego e en galego. Finalmente, defendeu os libros e a lectura como un exercicio de comunicación entre xeracións e entre sensibilidades.
Na ligazón da dereita podes descargar o pregón completo en formato PDF.