Un verán para xente dura

Estes días chegarán ás librerías catro novos títulos da colección "Os duros" de Galaxia. "A noite das filantes", de Xabier Puente Docampo e Xosé Cobas, "Bechos pequerrechos", de María Lires, "Misterio na selva De Ngorongón", de Alberto Varela Ferreiro e "O serrote do Gil" de Margarita Ledo e David Pintor. Esta é parte da aposta […]
Todo o verán por diante

Tomamos prestado o título dunha novela de Joaquim Gonzàlez i Caturla que acabamos de editar en Costa Oeste para lanzar unha reflexión arredor da necesidade de, neste tempo de lecer, aproveitar para achegar aos nenos e nenas ao mundo dos libros e da lectura. Porque é un tópico asumido por todos que os nosos pequechos […]
Xan López Domínguez candidato ao Andersen

Onte, o IBBY (International Board on Books for Young People), o organismo internacional centrado no estudo da literatura infantil e que premia cada dous anos a traxectoria dun profesional do sector cos galardóns Hans Christian Andersen, decidiu nomear oficialmente candidato na categoría de Ilustración ao galego Xan López Domínguez, de quen no catálogo de Galaxia […]
Homenaxe a Xan Bouzada

O departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Universidade de Vigo, en homenaxe ao que foi un dos seus membros máis sobranceiros, organiza esta mesa redonda baixo o título: "Socioloxía da Cultura e traxectoria de Xan Bouzada". Participan os catedráticos de Socioloxía Fermín Bouza Brey, da Universidade Autónoma de Madrid, e José Pérez Vilariño, da […]
Cita coa memoria emigrante

Catro historias. Catro relatos humanos. Catro rexistros diferentes. Pero representativos, cheos de humanidade e de precisión documental, cun excelente talento narrativo que os aproxima á novela (e que lle permite contar cousas que non sempre acerta a contar o historiador), mais sen renunciar á esixencia do dato, o escrupuloso respecto ás fontes. Así describiu Pilar […]
Loa aos escritores de Galicia

Esta fin de semana, distintos actos recoñecerán as traxectorias e o respecto que os galegos e galegas sentimos polos nosos autores. Por unha banda, Agustín Fernández Paz recibirá a "Letra E" da Asociación de Escritores en Lingua Galega na súa Vilalba natal, mentres que, en Moaña, serán recoñecidos Manuel María e Bernardino Graña. Por decisión […]
Desaparece Libro Aberto

A decisión de suprimir da programación o espazo "Libro Aberto", que dirixía o escritor Luis Rei Núñez e presentaba o poeta Manuel Romón, está a causar fonda preocupación no sector editorial e nos amigos dos libros. Debemos supoñer que os responsables da TVG deseñarán proximamente un novo espazo das mesmas ou similares características para responder […]
Palabras de Xosé Manuel Beiras en Trasalba

GABANZA E ORACIÓN PROFANA A DON RAMÓN DE TRASALBA Por moi atrás que me remonte nas miñas lembranzas, até os recantos máis remotos da miña memoria infantil, non son capaz de sinalar o momento preciso en que nela emergulla por primeira vez a imaxe de Don Ramón Otero Pedraio -a tal ponto ela constitue unha […]