Editorial Galaxia reivindica a figura de Begoña Caamaño con “Volveredes brindar por min” no ano das Letras Galegas

Editorial Galaxia publica Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño, unha obra asinada por Ana Romaní e María Xesús Nogueira que afonda na vida, no pensamento e no legado dunha das voz única. No marco das Letras Galegas, este volume recupera a figura de Begoña Caamaño desde unha perspectiva fondamente humana e plural. […]
Editorial Galaxia presenta os 10 títulos da súa Biblioteca 75 aniversario nun acto en Vigo que rende homenaxe a María do Carme Kruckenberg

A Libraría de El Corte Inglés acolle a presentación dunha colección que recupera textos clave da cultura galega Editorial Galaxia continúa a celebración do seu 75 aniversario cun acto especial que terá lugar o martes 21 de abril ás 20:00 horas na Libraría de El Corte Inglés de Vigo. O encontro servirá tamén como homenaxe […]
“As humidades”, de Alba Tomé, finalista do Premio Illa Nova de Narrativa 2025

Editorial Galaxia publica As humidades, a nova novela de Alba Tomé, finalista do Premio Illa Nova de Narrativa 2025. A obra parte dunha idea clara: a infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun espazo de medo […]
Editorial Galaxia, Premio de Honra dos Editores Galegos nos Premios Follas Novas 2026, cunha destacada presenza entre as obras finalistas

A Editorial Galaxia vén de ser recoñecida co Premio de Honra da Asociación Galega de Editoras nos Premios Follas Novas do Libro Galego 2026, unha distinción que celebra a súa traxectoria no ano do seu 75 aniversario e recoñece a súa contribución ao desenvolvemento da cultura galega. Ademais deste recoñecemento, Editorial Galaxia conta cunha destacada […]
“A espera. Dúas historias de amor”, de Iria Collazo, gaña o XXXVIII Premio de Novela Manuel García Barros

O xurado do XXXVIII Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades), reunido o 14 de abril de 2026 na Casa do Concello da Estrada, acordou por unanimidade conceder o galardón á obra A espera. Dúas historias de amor, da autoría de Iria Collazo López. O xurado destacou da novela a súa capacidade para mergullar […]
“O lanzador de coitelos”, de Fernando Castro Paredes, Premio Nacional da Crítica Española de Narrativa Galega 2025

A novela O lanzador de coitelos, de Fernando Castro Paredes, publicada por Editorial Galaxia, vén de ser distinguida co Premio Nacional da Crítica Española de Narrativa Galega 2025. O xurado destacou a obra como un thriller “delicioso e duro á vez”, salientando a súa capacidade para combinar a tensión narrativa propia do xénero cunha prosa […]
Galaxia recibe o Premio da Cultura Galega 2025

Editorial Galaxia vén de recibir o Premio da Cultura Galega 2025 no ámbito das letras, un recoñecemento á súa traxectoria de 75 anos ao servizo da cultura galega e da edición en lingua propia. A entrega tivo lugar no Parador de Santo Estevo, en Nogueira de Ramuín, nunha cerimonia que reuniu a algúns dos principais […]
Presentación de “Asasinato no muíño do cura”, en Santiago de Compostela

O xoves 9 de abril, celebrarase, ás 20 h, na sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés, a presentación de Asasinato no muíño do cura, de Arantza Portabales. Acompañando a autora, estarán Laura Lojo, catedrática de Filoloxía Inglesa; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. O venres 10 estará, ás 19:30 h, na libraría […]