“O lanzador de coitelos”, de Fernando Castro Paredes, Premio Nacional da Crítica Española de Narrativa Galega 2025

A novela O lanzador de coitelos, de Fernando Castro Paredes, publicada por Editorial Galaxia, vén de ser distinguida co Premio Nacional da Crítica Española de Narrativa Galega 2025. O xurado destacou a obra como un thriller “delicioso e duro á vez”, salientando a súa capacidade para combinar a tensión narrativa propia do xénero cunha prosa […]
Galaxia recibe o Premio da Cultura Galega 2025

Editorial Galaxia vén de recibir o Premio da Cultura Galega 2025 no ámbito das letras, un recoñecemento á súa traxectoria de 75 anos ao servizo da cultura galega e da edición en lingua propia. A entrega tivo lugar no Parador de Santo Estevo, en Nogueira de Ramuín, nunha cerimonia que reuniu a algúns dos principais […]
Presentación de “Asasinato no muíño do cura”, en Santiago de Compostela

O xoves 9 de abril, celebrarase, ás 20 h, na sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés, a presentación de Asasinato no muíño do cura, de Arantza Portabales. Acompañando a autora, estarán Laura Lojo, catedrática de Filoloxía Inglesa; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. O venres 10 estará, ás 19:30 h, na libraría […]
No pasamento de Manuel Caamaño Suárez

Lamentamos o pasamento de Manuel Caamaño Suárez, ex membro do Consello de Administración de Editorial Galaxia e figura destacada do galeguismo político e cultural. Nado en Noia en 1936, foi un home fondamente comprometido con Galicia, e unha referencia na defensa do patrimonio e da cultura galega. Desde Editorial Galaxia enviamos o noso pesar á […]
Mar Maior volve cun catálogo renovado

Proxectar novas voces da narrativa galega do catálogo de Editorial Galaxia alén de Galicia é o obxectivo do selo MAR MAIOR, que este mes de abril comeza unha nova xeira. A presentación terá lugar no Círculo de Bellas Artes de Madrid o 16 de abril cunha rolda de prensa para medios. Á tarde, o acto […]
A Penzol conmemora cunha exposición o 50 cabodano de Ramón Otero Pedrayo

A Fundación Penzol inaugurou na Casa Galega da Cultura de Vigo a exposición Ramón Otero Pedrayo. 1888-1976, unha mostra biobibliográfica que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da cultura galega no marco do Ano Otero Pedrayo, declarado con motivo do cincuenta aniversario do seu pasamento. A iniciativa conta coa colaboración da Cátedra Institucional […]
Editorial Galaxia participou en dous encontros culturais en Madrid

Editorial Galaxia participou os días 27 e 28 de marzo en dous encontros celebrados en Madrid arredor da cultura galega e da proxección da galeguidade. O venres 27 de marzo celebrouse, na Biblioteca do Centro Galego de Madrid, a conferencia Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, impartida por Xesús Domínguez Dono, director de Produción […]
Milagros Torrado Cespón e Laura Pérez Delgado gañan o IV Premio de Álbum Ilustrado ‘Alberte Quiñoi’ por “Paio e o Gatipedro”

Na Estrada, ás 11 h do 27 de marzo, na Sala de Xuntas da Casa do Concello da Estrada, reúnese o xurado para escoller a obra gañadora desta VI edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi”, coas persoas que deseguido se relacionan: Paula Carballeira Cabana, dramaturga e Premio Nacional de Literatura Dramática; Mariano Casas […]