A Editorial Galaxia publica o novo libro de Luísa Castro

Tras xurdir como unha estrela fulgurante no ano 1988 co hoxe lendario  Baleas e Baleas, reeditado por Galaxia no 2018 co gallo do seu 3o aniversario, Luísa Castro regresa á poesía na nosa lingua con Un amor antigo que vén de saír do prelo. Aquelas míticas baleas foron a maneira en que a poeta se […]

No samaín non todo son contos de medo

Dende a Editorial Galaxia recomendamos a lectura dalgunhas novidades de infarto, no mellor dos sentidos, para celebrar un samaín diferente. Durante estes días chegarán ás librarías de toda Galicia Un ollo para ler, de Alicia Suárez, e Cambia o conto, de Música miúda, ilustrado por Xosé Tomás. Suárez preséntanos unha historia fermosa que ensina ás lectoras […]

A Editorial Galaxia publica unha nova tradución de Darío Xohán Cabana

Estes días irá chegando ás librarías de todo o país unha nova tradución de Darío Xohán Cabana, concretamente, “Claudine na escola”, obra que o chorado autor e tradutor entregou aos editores da Editorial Galaxia meses antes do seu pasamento. Darío Xohán Cabana, que ademáis de brillar como escritor e xestor cultural, cultivou, e con éxito, […]

Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022 por «As malas mulleres»

Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) gañou este martes o Premio Nacional de Narrativa 2022 pola súa obra As malas mulleres, editada por Editorial Galaxia. Concedido polo Ministerio de Cultura y Deporte, o premio está dotado con 20.000 euros. Afincada en Galicia dende 1973 —chegou a Vigo destinada como catedrática no Instituto do Calvario—, sucede a  Xesús Fraga, premio […]

A Editorial Galaxia trae ao galego “Diario do ano da peste”, de Daniel Defoe

A Editorial Galaxia trae ao galego Diario do ano da peste, de Daniel Defoe, da man do tradutor, escritor e xornalista, Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa 2021. Publicada na colección Literaria do catálogo, esta obra novela o andazo de peste que asolou Londres e a súa contorna entre 1664 e 1666, e ao que, […]

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, unha efeméride que pon en valor o importante labor destes espazos, refuxios para as letras e as amantes da palabra. Templos da lectura, que defenden e promoven as historias, achegándoas a nenas,  nenos, e maiores. Acubillos do saber que atesouran a cultura, o coñecemento e o […]

Inaugúrase, no IES Nº 1 da Estrada, a exposición dedicada a García Barros

Merlín Comunicación, Grupo Editorial Galaxia, baixo o comisariado de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono, presentou, na mañá do xoves, a exposición: Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento, patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, no IES Nº 1 da Estrada. Os comisarios, acompañados por Amalia Goldar, concelleira de Igualdade e Educación, e Beatriz […]

A Escola de Letras da Deputación e Galaxia preséntase na Feira de Frankfurt

A Escola de Letras da Deputación e Galaxia preséntase na Feira do Libro de Frankfurt coa vontade de exportar a idea por todo o mundo. Carmela Silva: “Queremos que outros lugares se animen a crear escolas de letras para construír sociedades mellores, porque quen lee e escribe está máis comprometido/a co tempo e espazo no […]