Galaxia publica a historia de Quin

Categoría: Nova

Hai persoas valentes que conseguen que o mundo vaia cambiando. Esther é unha delas.
Adoptou a Quin sabendo que na súa vida anterior só houbera miseria e maltrato. E cando o can fuxiu decidiu que non quedaría de brazos cruzados laiando pola perda do animal. Había que atopalo si ou si.
A través dunha lectura fluída e amena, Non deixarei de buscarte. A historia de Quin, preséntanos o caso real de Quin, un fermoso can vítima do maltrato animal que oculta a sociedade frívola do mundo occidental desenvolvido. Un can adoptado na protectora de Lugo que, cando levaba seis meses coa súa nova familia, unha noite na que botaron fogos artificiais, escapou aterrado polo pánico que lle causan os estalos.
A súa familia non se quixo render e empezaron a usar as redes sociais para atopar a Quin. Cada día relataba a súa busca e eses relatos engancharon a case 4.000 persoas. Durante corenta e dous longos días rastrexámolo. Desde o primeiro día, Esther amosou un empeño heorico na procura. a desesperación por ver frustrada a recuperación dese animal inocente, a quen se propuxo darlle unha oportunidade, levouna a protagonizar un dos exemplos de perseveranza e loita sen descanso máis grandes que ningún dos que fomos testemuñas xamais viramos; asegura Antonio Fernández Amil no prólogo do libro.
Alicia Tojeiro, docente, emocionada pola historia de Esther, viu potencial na mesma para traballar, cos seus alumnos, facéndolles dictados diarios cos relatos da busca de Quin. Os nenos e nenas, que aprendían a amar a ortografía, coñecían esta historia, enchoupada de valores como o respeto, a resiliencia e o reixeitamento ao maltrato animal.
Un libro solidario dirixido a nenos e maiores para comprender os sufrimentos oscultos e ignorados das nosas mascotas, que son máis ca un xoguete.

Comparte nas túas redes sociais ou por email