Javier Rodríguez González gaña o XIV premio de Poesía Victoriano Taibo

Reunido o xurado do XIV premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concelllo de Gondomar e coa Editorial Galaxia, integrado polas escritoras Marica Campo, Oriana Méndez e Arancha Nogueira, gañadora da edición anterior; así como polo escritor e editor Marcos Calveiro, en nome da Editorial Galaxia e […]
Entrega do Premio Vidal Bolaño, no Porriño

O luns 14 de novembro, celebrarase, ás 19 h, no IES Ribeiro do Louro, a entrega do V Premio Vidal Bolaño 2022 a José Luis Baños de Cos, pola súa obra LUME. No acto, acompañarán o gañador, Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, Raquel Castro, secretaria do premio, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Actuación […]
Galaxia inaugura a Biblioteca Francisco Fernández Del Riego

Galaxia inaugura a Biblioteca Francisco Fernández Del Riego para celebrar o Día das Letras Galegas Coa inclusión de dous libros inéditos. Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2023 dedicado a Francisco Fernandez del Riego a editorial Galaxia, da que foi un dos seus fundadores, crea a Biblioteca Fernandez del Riego que ao longo do […]
“Contra o reloxo” é finalista nos Premios Frei Martín Sarmiento

A obra Contra o reloxo, de Carlos Labraña, ilustrada por Fon Barreiro, é finalista nos Premios Frei Martín Sarmiento, na 2ª categoría (3º/4º Primaria) Este é un dos galardóns máis prestixiosos do noso sistema literario pois son o alumnado e profesorado os encargados de decidir cales dos libros publicados nos dous últimos anos son, segundo o seu […]
Entrega do II Premio ‘Alberte Quiñoi’ de Álbum Ilustrado, na Estrada

A ilustradora Blanca Millán e o escritor Ramiro Peralta recolleron este luns na Estrada o premio ‘Alberte Quiñoi’ de álbum ilustrado pola súa obra As filloas de Manola. O libro é unha homenaxe a todas as avoas. Unha historia que busca achegar aos máis pequenos ao sentimento de comunidade e solidaridade. Acompañando os autores, participaron […]
Galaxia no 20 aniversario do desastre do Prestige

Cúmprense 2o anos da catástrofe do Prestige e a editorial Galaxia quere sumarse a ese aniversario e contribuír a construción do relato colectivo daquel desastre ecolóxico que marcou un antes e un despois na nosa sociedade e que permanece aínda marcado a ferro na memoria de todas e todos. Esta contribución editorial materializase na publicación […]
María Rei Vilas gaña o Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca

María Rei Vilas gaña o Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca, na categoría literatura galega, pola súa obra Flores de ferro, Premio García Barros 2020. O xurado do galardón impulsado desde o IES Rosalía de Castro de Santiago estivo formado por alumnado dunha decena de centros. Este ano, para seleccionar ás gañadoras e gañadores, ademais do instituto anfitrión, […]
Hoxe celebramos o Día de Xosé Neira Vilas

Tal día coma hoxe, un 3 de novembro de 1928, hai 94 anos, nacía, en Gres, Xosé Neira Vilas, un dos escritores máis sobranceiros do noso país. Hoxe, a Fundación Neira Vilas celebra o día, lembrando o seu nacemento. Nas instalacións da mesma, terá lugar, ás 18:30 h, a inauguración dunha exposición coas ilustracións de […]