Presentación de “Un amor antigo”, en Santiago de Compostela

Categoría: Nova

O venres 16 de decembro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Cronopios de Santiago, a presentación de Un amor antigo, de Luisa Castro.

Acompañando a autora, estará Malores Villanueva, editora e crítica literaria, e o poeta Ismael Ramos.

Tras xurdir como unha estrela fulgurante no ano 1988 co hoxe lendario  Baleas e Baleas, reeditado por Galaxia no 2018 co gallo do seu 3o aniversario, Luisa Castro regresa á poesía na nosa lingua con Un amor antigo.

Aquelas míticas baleas foron a maneira en que a poeta se despediu dun mundo, de tabernas de mariñeiros e historias de cetáceos,  que deixaba atrás pero que tamén foron o seu atraque e o seu porto seguro cando estivo fóra lonxe da terra.

Agora volve a nós con Un amor antigo que é varias cousas ó mesmo tempo. Unha volta ás orixes onde a pegada do amor acode para rescatarnos, pero tamén pode ser o comezo dun vivir máis libre, sen noción ningunha do pasado.  Quizabes, malia a distancia,  xa no compás daquelas baleas estaba marcado o rumbo destes versos que nos lembran que amar implica esquecer, e vivir sempre comezar.

Un amor antigo é o novo comezo da súa autora, un comezo que nos asoma á vertixe das emocións e as súas contradicións, deixándonos nese limbo de extrema quietude e vitalidade total que só a morte ou o amor concitan.

Comparte nas túas redes sociais ou por email