No pasamento de Nélida Piñón

Categoría: Nova

Morre en Lisboa, aos 85 anos, a escritora brasileira con raíces galegas Nélida Piñón.

Gañadora do Premio Príncipe de Asturias do 2005 e a primeira muller honoris causa pola USC, foi autora de 25 libros, incluíndo novelas, contos, ensaios e memorias, foi a primeira brasileira en recibir os principais premios da literatura iberoamericana, como o Juan Rulfo ou o Menéndez Pelayo, e tamén a primeira muller en presidir a Academia Brasileira das Letras (ABL).

Piñón debutou na literatura coa novela “Guía-Mapa de Gabriel Arcanjo”, lanzada en 1961 e a súa última obra foi “Un día llegaré a Sagrés” (Récord).

A súa obra máis importante é “La república de los sueños” (1984), publicada en galego en 2015 pola Editorial Galaxia. Nela narra o éxodo masivo dos emigrantes galegos a Latinoamérica.

A escritora, xunto con Jorge Amado e Paulo Coelho, é un dos nomes da literatura brasileira máis coñecidos no exterior. Formou parte do denominado “book latinoamericano”.

Na Editorial Galaxia publicou obras como “A república dos soños”, unha homenaxe ás súas raíces”, ou “A casa da paixón”, un texto no que a lingua, a terra e o corpo da muller se imbrican e constitúen unha fonda pescuda en prol da expresión literaria.

Comparte nas túas redes sociais ou por email