Galaxia recibe a visita do Embaixador de España na Unesco

Categoría: Nova

Hoxe, na Editorial Galaxia, recibimos a visita de José Manuel Rodríguez Uribes, Embaixador de España na Unesco, Doutor en Dereito e Profesor Titular de Filosofía Xurídica e Política, e Ministro de Cultura e Deporte do Goberno de España (2020-2021).

Nas nosas instalacións, compartiu o seu interese polo labor editorial e a cultura en Galicia. Estivo acompañado por Antón Vidal Andión, Presidente de Editorial Galaxia, Manuel Meixide Vecino, Vicepresidente segundo, Xavier Martínez Cobas, Conselleiro Delegado, e Francisco Castro, Director Xeral.

Comparte nas túas redes sociais ou por email