Galaxia publica o novo libro de Antón Riveiro Coello “Días de intemperie”

En Días de intemperie, o autor de Xinzo de Limia ofrece ás lectoras e lectores un espello no que ollar o mellor e peor de nós. Cunha temática de desafortunada actualidade, onde o pano de fondo é a guerra, Riveiro Coello ispe os personaxes para os deixar nunha intemperie que tamén podería ser a nosa. Asuntos como […]
Galaxia publica “Quen non ten un avó fascista?”, o novo libro de Inma López Silva

Publicada na colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia, Quen non ten un avó fascista?, é un exercicio de liberdade e democracia. Na novela, inspirada en feitos reais, o personal faise político, poñendo en valor a memoria colectiva. “Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron […]
Galaxia estará no Culturgal 2022

Un ano máis, a Editorial Galaxia participará na nova edición do Culturgal 2022: 15 anos cos fíos da cultura, que se celebrará do 24 ao 27 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Cunha programación para todos os gustos, Galaxia estará no Espazo Libro ofrecendo unha gran variedade de eventos. Contaremos con conversas sobre as nosas […]
Rolda de prensa arredor de “A conxura do sete”, en Ourense

O martes 22 de novembro, celebrarase, ás 11:30 h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, unha rolda de prensa arredor de A conxura do sete, de Miguel Anxo Fernández. Acompañando o autor, estará Marcos Calveiro, director de Editorial Galaxia. Miguel Anxo Fernández publica un novo caso de Frank Soutelo, o sabuxo sen par no panorama literario galego. […]
Entrega do Premio Illa Nova a Irene Rega Jul por “A malferida”, en Vigo

O luns 21 de novembro, celebrarase, ás 11:30 h, na libraría de El Corte Inglés de Vigo (5ª planta), unha rolda de prensa de presentación arredor de “A malferida”, Premio Illa Nova 2022, de Irene Rega Jul. Acompañando a autora, estarán Fuencisla Cid Rodríguez, directora de Comunicación e Marketing de El Corte Inglés de Galicia […]
Galaxia lembra o Prestige publicando tres libros que xiran ao redor daquela catástrofe

Onte presentouse, en rolda de prensa, na cafetería El Castro de Vigo, os tres libros que Galaxia publicou con motivo do 20 aniversario do Prestige: Cando choraron as Cíes, de Santi Domínguez, Tal como foi, tal como fomos, de Xosé Manuel Pereiro, e o libro colectivo Prestige. 20 anos x 20 voces. Perante a fermosa vista dun mar […]
Galaxia recupera a Fernández del Riego “Con Pondal en Bergantiños”

Onte celebrouse,na Fundación Eduardo Pondal, no Couto, a presentación de Con Pondal en Bergantiños, de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023. No acto participaron Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e Xosé Manuel Varela, editor literario. Presentou e moderou Diana Varela Puñal. A […]
Rolda de prensa arredor do 20 aniversario do Prestige, en Vigo

O mércores 16 de novembro, celebrarase, ás 12:15 h, en El Castro de Vigo, unha rolda de prensa arredor dos títulos que publicamos na Editorial Galaxia con motivo do 20 aniversario da catástrofe Prestige: “Prestige. 20 anos x 20 voces”, “Tal como foi, tal como fomos”, de Xosé Manuel Pereiro, e “Cando choraron as Cíes”, […]