Presentación de “Quen ten un avó fascista?”, en Melide

O sábado 10 de decembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Museo da Terra de Melide, a presentación do libro Quen non te un avó fascista?, de Inma López Silva. Acompañando a autora, estarán a xornalista Susana Pedreira, e o director do Museo da Terra de Melide, Xosé Manuel Broz. Publicada na colección Memoria Histórica de Editorial […]

Entrega do Premio García Barros a Ignacio Vidal Portabales, na Estrada

O venres 2 de decembro, celebrarase, ás 20 h, no Teatro Principal da Estrada, a entrega do Premio García Barros 2022 a Ignacio Vidal Portabales pola súa obra Illas remotas. Acompañando o autor, estarán José López Campos, alcalde da Estrada, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Carlos Loureiro, secretario do xurado, Chus Bascuas, presentadora, […]

Galaxia reedita “Mitos e lendas da vella Grecia”, de Anisia Miranda

A edición desta obra contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Cunha primera edición en castelán (Cuba, 1966), e a súa tradución para o galego a cargo de Xosé Neira Vilas (1983), Anisia Miranda ofrécenos, en Mitos e lendas da vella Grecia, dun xeito […]

Presentación do libro “De rosa antiga”, en Santiago de Compostela

O mércores 30 de novembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Ateneo de Santiago de Compostela, a presentación do libro De rosa antiga, de Helena Villar Janeiro. Acompañando a autora, estarán Marisa Somoza, directiva do Ateneo de Santiago, a escritora  Marilar Aleixandre, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. A meu pai, que me deu unhas […]

Presentación de “Algoritmos”, en Santiago

O martes 29 de novembro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro de Santiago, a presentación de Algoritmos, de Xavier Queipo. Acompañando o autor, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Queipo volve a sorprender ao público cunha nova novela. Publicada na colección Literaria, Algoritmos é un exercicio de análise, de pensar fóra da norma, de […]

Presentación de “Polos vieiros do fabulador”, en Pontevedra

O luns 28 de novembro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Cronopios de Pontevedra, a presentación de Polos vieiros do fabulador, de Álvaro Cunqueiro. Participarán no evento, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, deputada de Cultura, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Este libro é o resultado dunha escolma de textos […]

Galaxia estará no Culturgal ata o domingo

Velaquí a programación do noso derradeiro día na Feira das Industrias Creativas: ESPAZO LIBRO 13 h. 20 anos da catástrofe do Prestige. Conversa arredor do vinte aniversario do Prestige. Participará Xosé Manuel Pereiro, autor de Tal como foi, tal como fomos, e Santi Domínguez, autor de Cando choran as Cíes, coordinados por Francisco Castro, director […]

Vémonos esta fin de semana, no Culturgal

A Editorial Galaxia xa está no Culturgal con todo preparado para recibirvos. A partir de mañá podedes asistir á nosa programación, deseñada para todos os públicos. Velaquí toda a información sobre as actividades do sábado: Sábado 26 de novembro 12 h. Sinatura arredor de Lagarta, lagarta, con Elvira Ribeiro Tobío e Sofía Venzel. (Stand da libraría Paz). […]