Escoller onde buscar

A Editorial Galaxia estreará nova web hoxe

Categoría: Nova
Hoxe, a editorial comezará a semana estreando unha nova páxina web.

Esta proposta supón un salto cualitativo na nosa oferta editorial e no xeito de nos comunicar coas lectoras e lectores. Unha web máis intuitiva, rápida e preparada para que todas as persoas interesadas, poidan achegarse á nosa actualidade, dun xeito dinámico e fresco.

A través dun novo deseño e estructura, todas e todos os usuarios poderán acceder ás nosas novidades a golpe de clic. Na páxina, figurará dende a historia de Galaxia, ata o noso catálogo editorial ou a lista de autoras e autores que engrosan as nosas coleccións, nunha mestura de modernidade e tradición.

Apartados que xa figuraban na nosa páxina web como Premios, o blog ou a nosa tenda, chegan actualizados e mellorados, máis rápidos e eficaces. En seccións como Materiais, poderase ampliar información sobre obras, así como acceder a distintos  materiais didácticos para traballar nas aulas a partir de moitos dos nosos libros. 

Ligada ás nosas redes sociais, que suman máis de 36.000 seguidores, esta nova web facilitará a todas e todos a súa experiencia como usuarias e usuarios.

Comparte nas túas redes sociais ou por email