Celebramos con orgullo

Hoxe celebramos o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, unha causa fundamental para nós como editorial e na que cremos firmemente. A orixe desta conmemoración atópase na madrugada de 1969, nos chamados disturbios de Stonewall. Foi a primeira vez que a comunidade LGTBIQ+ xuntou forzas para reivindicar os seus dereitos, contra a opresión do sistema estadounidense, […]

Presentación de “Xeración”, en Santiago de Compostela

O mércores 28 de xuño, celebrarase, ás 20:30 h, na libraría Numax de Santiago de Compostela, a presentación de Xeración, Premio Victoriano Taibo 2022, de Javier Rodríguez González. Acompañando o autor, estará a escritora Maica Caramés Gorgal. Publicado na colección Dombate, este poemario foi o gañador do Premio Victoriano Taibo 2022. Propón unha desencantada crónica dos anos […]

Cinco anos lembrando a Xabier P. Docampo

“O acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia” repetía sempre Xabier P. Docampo. Isto aprendeuno axiña, xa de neno escoitando de neno as historias do seu pai Raimundo. E esta afirmación guiou todas as facetas da súa vida: como mestre e pedagogo, como actor e director de teatro, como guionista […]

Entrega do Premio Antón Losada Diéguez a Manolo González, no Carballiño

Hoxe, sábado 24 de xuño, celebrarase, ás 12 h, no Pazo de Moldes (Boborás), a entrega do Premio Antón Losada Diéguez, na categoría de Investigación e Ensaio, a Manolo González por “Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil”, no Concello do Carballiño. Ás 11:00 h o iniciarase unha misa na Igrexa de […]

Fernando Castro Paredes gaña o XXXV Premio García Barros 2023

Reuníronse hoxe, no Concello da Estrada, os membros do xurado seleccionado para escoller a novela gañadora desta XXXV edición do Premio de Novela “Manuel García Barros (Ken Keirades)”, cos compoñentes Patricia Arias Chachero, Iria Collazo, Marcos Calveiro, Armando Requeixo e Carlos Loureiro. Unha vez lidos os orixinais presentados, e de levar a cabo distintas seleccións […]

Galaxia estará na Feira do Libro de Vigo

Mañá, venres 23 de xuño, comezará a Feira do Libro de Vigo, a oitava nesta nova edición, que estará aberta ata o domingo 29 de xuño. Celebrarase na Peonil do Calvario. Editorial Galaxia estará presente cunha programación para todos os públicos: Venres 23, ás 18:30 h. Presentación de Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón, de […]

Hoxe celebramos o Día Europeo da Música

Hoxe celebramos a chegada do verán e tamén o Día Europeo da Música; organizado pola Unión Europea dende 1982 co obxectivo de promocionar a música mediante todas as súas vertentes. E que mellor forma de celebralo que viaxando a través de fabulosos títulos como os que vos recomendamos a continuación? Para conmemorar a efeméride, dende […]

Presentación de “Escola de mulleres”, en Betanzos

O mércores 21 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Biblos de Betanzos, a presentación de Escola de mulleres, de Inma López Silva. Acompañando a autora, estará Lucía Vidal Seoane, profesora de Química no IES As Mariñas. A Editorial Galaxia publica a nova novela de Inma López Silva, “Escola de mulleres“. A autora, gañadora do Premio […]