No pasamento de Ana María Fernández del Riego

Forte pesar na Editorial Galaxia polo pasamento de Ana María Fernández del Riego, relixiosa viguesa, que faleceu este mércores 5 de xullo, aos 101 anos, en Granada.  A irmá do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, naceu en 1921 en Vilanova de Lourenzá, Lugo, e tivo unha vida plena, que […]

Presentación de “Días felices con Fábia”, en Vigo

O xoves 6 de xullo, celebrarase, ás 19 h, na Casa del Libro de Vigo, a presentación de Días felices con Fábia, de Xosé Cermeño. Acompañando o autor, estarán Tomás Alonso, xornalista; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Coa novela Días felices con Fábia, a súa primeira publicación na colección Literaria, regresa Xosé Cermeño á editorial […]

Presentación de “Un taxi verde e un concerto”, en Santiago de Compostela

O mércores 5 de xullo, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de Un taxi verde e un concerto, de Tuco Cerviño. Acompañando o autor, estarán Ricardo Gurriarán, historiador, e Suso de Toro, escritor. Publicado na colección Memoria, por este intenso relato transita a biografía da familia, que se remonta ata […]

Galaxia publica “Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira”, un ensaio de Ramón Villares

A Editorial Galaxia publica, na colección Ensaio, a obra de Ramón Villares Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira. Un ensaio que, nunha primeira versión foi publicado en lingua portuguesa, tiña como horizonte establecer un diálogo coa historia e coa cultura portugesas, feito en claves galegas, pero non desconectadas da cerna histórica de Portugal. En palabras de […]

Convócase o XVII Premio de Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio de Narrativa Breve Repsol, que se rexerá polas seguintes bases: 1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que […]

Convócase o XVII Premio de Narrativa Breve Repsol

O obxectivo desta iniciativa impulsar e reforzar a creación de literatura en lingua galega e promover o seu uso social, un dos ámbitos prioritarios para a política lingüística. O anuncio do lanzamento da nova edición tivo lugar na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, onde o secretario xeral de Política Lingüística, a xerente da Área […]

Día das Letras Galegas 2024 para Luísa Villalta

Esta mañá de xoves soubemos que a RAG decidiu dedicarme o Día das Letras Galegas 2024 á poeta Luísa Villalta. Na Editorial Galaxia publicamos hai uns meses toda a súa poesía completa. Luisa Villalta (A Coruña, 1957-2004) poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista, formou parte da Xove Orquestra de Galicia e de varios grupos […]

Un novo libro de Carlos Negro, en Galaxia

Chega as librarías estes días o primeiro libro en Editorial Galaxia de Carlos Negro e Raquel Senra. Un libro alfaia, un libro obxecto, onde forma e fondo van da man, como o fan os textos de Carlos Negro coas Ilustracións de Raquel Senra conformando unha simbiose perfecta nunha coidadísima edición. Carlos Negro, docente (Lalín 1970), […]