Rolda de prensa arredor do Premio Carlos Mosteiro, na Pobra do Caramiñal

Categoría: Nova

O martes 5 de setembro, celebrarase, ás 11 h, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, unha rolda de prensa arredor da convocatoria do Premio Carlos Mosteiro 2023.

No acto, participarán Patricia Lojo, concelleira de Cultura, María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

Este premio nace como un medio para promover as novas autoras e autores que publican en galego, así como para homenaxear ao citado escritor pobrense, falecido no 2017. Neste certame tan só hai unha obra gañadora, sempre e cando o xurado estime que hai textos con suficiente calidade literaria, xa que, do contrario, podería non conceder o galardón.

En anos anteriores, o premio foi gañado por novelas de autoras como Patricia Mallo, Xosé A. Neira Cruz ou a recentemente premiada María Canosa.

Mañá martes faranse públicas as bases, en rolda de prensa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email