Galaxia publica “De Galicia a Mauthausen”, na colección Memoria Histórica

Este traballo de investigación histórica, de Alba Garrido Fernández, engrosa o catálogo da colección Memoria Histórica. Unha proposta que procura dar luz sobre as orixes, contextos, traxectorias vitais e experiencias daqueles galegos que remataron nos campos de exterminio da Alemaña nazi, para que o seu doloroso transitar non quede no esquecemento, construíndo, ademais, unha base […]
Lecturas recomendadas para primaria de Editorial Galaxia

Este catálogo de lecturas recomendadas para educación primaria de Editorial Galaxia quere proporcionar ás mestras, mestres, bibliotecarias e bibliotecarios dos centros escolares galegos e responsables dos clubs de lectura, unha selección de obras de referencia para o fomento da lectura na nosa lingua, a educación literaria e a comprensión lectora. Podedes ollalo clicando aquí. Na actualidade, […]
Editorial Galaxia publica a novela gráfica “O paso do noroeste”, de Queipo & Primitivo

A Editorial Galaxia presenta un novo volume da súa colección de Novela Gráfica: a épica travesía do navío L’Épée dende Brest a badía do Hudson narrada coa mestría dos clásicos por Xavier Queipo en O paso do Nooeste, Premio García Barros, 1996, agora adaptada ao cómic polo debuxante Primitivo Marcos. O periplo desta expedición científica […]
Editorial Galaxia publica o libro que revisa a historia e os deseños dos 20 anos de reizentolo

A semana que vén estará dispoñible nas librarías de todo o país o libro ANTES MOLABAMOS MÁIS, publicado por Editorial Galaxia e que repasa a traxectoria ao longo de dúas décadas dunha das marcas máis potentes e coñecidas do noso país: reizentolo. A publicación, en tapa dura e case 250 páxinas, aparece cun deseño rachador, […]
Galaxia estará na Feira do Libro de Ponteareas

Mañá, xoves 13 de xullo, comezará a Feira do Libro de Ponteareas, a novena nesta nova edición, que estará aberta ata o domingo 16 de xullo. Celebrarase nos xardíns da Xiralda. Editorial Galaxia estará presente cunha programación para todos os públicos: Xoves 13 de xullo, ás 18 h. Espectáculo musical con Pakolas: A Ramona pequena […]
ABERTO o prazo de matrícula, para o obradoiro, con Diego Giráldez, da Escola de Letras

Xa está aberto o prazo de matriculación para todas as persoas que desexen participar no novo obradoiro impartido por Diego Giráldez. A matrícula estará aberta para este único obradoiro, que é o derradeiro desta IV edición. Para formalizar a matrícula é imprescindible enviar un correo electrónico a escoladeletras@editorialgalaxia.gal, indicando: -Nome completo da alumna/o. -Correo electrónico. -Número de teléfono. -No ASUNTO e no CORPO do correo hai que sinalar o […]
Mañá abrirase o prazo de matrícula, da Escola de Letras, para o obradoiro con Diego Giráldez

A Escola, abre, mañá, martes 11 de xullo, ás 8 da mañá, o prazo de matriculación para todas as persoas que desexen participar no novo obradoiro impartido por Diego Giráldez. A matrícula estará aberta para este único obradoiro, que é o derradeiro desta IV edición. Para formalizar a matrícula é imprescindible enviar un correo electrónico a escoladeletras@editorialgalaxia.gal, indicando: -Nome completo da alumna/o. -Correo electrónico. […]
Presentación de “Receitas para encher o peito”, en Ferrol

O sábado 8 de xullo, celebrarase, ás 12 h, na Central Librera (Rúa Dolores, 2), en Ferrol, a presentación de Receitas para encher o peito, de Xoanqui Ameixeiras. Ás 19 h, celebrarase outro encontro arredor do libro no peirao de Curuxeiras. Acompañando o autor, estará José Manuel García, director de “Comer e falar todo é comezar”, […]