O xoves 21 de setembro, celebrarase, na sala de xuntas do Concello da Estrada, ás 12 h, unha rolda de prensa de prensentación arredor do álbum Maruchi e o gancho, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, de Laura Cid Rascado.
Acompañando a autora, estarán José López Campos, alcalde da Estrada; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.
Un día a galiña Maruchi decidiu facer gancho e vestir as súas pitas. A idea non lle foi moi ben, porque era un pouquiño despistada, mais descubriu a que se debía o erro. Que contenta quedou ao final!!!
Maruchi e o gancho, de Laura Cid Rascado, conta unha historia que se entretece perfectamente a través de texto e imaxe, tecida con ritmo, claridade e ollada poética. Presenta un nó que a protagonista ten que desenredar o cal se vai enfiando de xeito equilibrado, tenro, humorístico, perspicaz. Trátase, ademais, dun álbum ilustrado perfectamente apto para todos os públicos.