Galaxia recupera “Un home que xaceu aquí”, a primeira novela de Anibal C. Malvar

Di Anibal C. Malvar de si mesmo que foi un trobador medieval nacido a destempo. Máis alá desta brincadeira, está claro que as catro novelas negras que publicou nos anos 90 son do mellor na nosa produción literaria. El adiantouse ao que agora moitos denominan Galician Noir, cun saber facer e unha calidade extraordinarias. Todas […]
Galaxia estará na Feira do Libro da Coruña

Mañá, martes 1 de agosto, comezará a Feira do Libro da Coruña, que se celebrará nos Xardíns de Méndez Núñez, ata o día 10 do mesmo mes. Editorial Galaxia estará presente cunha programación para todos os públicos durante todas as xornadas: Martes 1 de agosto, 17:30 h. Espectáculo infantil con Pakolas arredor de A Ramona […]
Galaxia publica o seu Catálogo de lecturas recomendadas para Educación Primaria

O presente catálogo de lecturas recomendadas para educación primaria de Editorial Galaxia quere proporcionar ás mestras, mestres, bibliotecarias e bibliotecarios dos centros escolares galegos e responsables dos clubs de lectura, unha selección de obras de referencia para o fomento da lectura na nosa lingua, a educación literaria e a comprensión lectora. Na actualidade, o maior […]
Galaxia publica a “Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete”

Unha proposta que estuda o fenómeno deportivo feminino. Despois de inaugurar a colección O noso deporte co libro Manuel de Castro. Handicap. Crónica dunha paixón, de Adrián Estévez, que homenaxea o centenario do RC Celta; este novo libro, escrito da man de Héctor Pena, pon en valor a relación da muller co fútbol. Son moitas […]
Presentación de “Os tímpanos de Compostela”, en Santiago

O xoves 27 de xullo, celebrarase, ás 19:30 h, en Afundación de Santiago de Compostela, a presentación do libro Os tímpanos de Compostela, de Ramón Yzquierdo Peiró. Acompañando o autor, estarán Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela, Belén Hernández, xerente do Consorcio, Juan Conde Roa (Consorcio de Santiago), e Francisco Castro, director xeral de Editorial […]
Celebramos Galicia

Este martes 25 de xullo celebramos o Día de Galicia, unha ocasión para festexar a nosa identidade, cultura e orgullo de pertenza. A data da que falamos non só é o día do noso país, se non o día no que nacía o proxecto Galaxia, un 25 de xullo de 1950, no bodegón do hotel […]
Chega o novo número da revista Grial: “1963. O ANO DO PRODIXIO”

En 1963, aqueles galeguistas que fundaron en 1950 Editorial Galaxia, botan a andar a Fundación Penzol (o verdadeiro “Arquivo Nacional de Galicia”, que non existe como tal figura), o arquivo privado máis relevante do noso país. Xosé Manuel Dasilva e Francisco Domínguez achégannos aspectos diferentes da Fundación: Dasilva dá claridade sobre a súa orixe e […]
Combater a través da arte o horror

Editorial Galaxia publica, na súa colección Literaria, Quen escribirá a miña historia?, unha obra de Iria Morgade Valcárcel. Nesta proposta, a escritora conecta o pasado co presente en favor da memoria histórica e a xustiza. Alba, adéntrase nun enigma a través dunha frase dos anos trinta, escrita nun muro. Unha sorte de revelación no tempo que […]