Convócase a sétima edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

ESTE PREMIO CONCEDERASE DE ACORDO COAS SEGUINTES 1. Poderán concorrer ó premio tódalas autoras e autores de calquera nacionalidade que presentaren os orixinais, escritos en lingua galega (en conformidade coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola RAG), de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de 8 a 12 anos, […]
Volvemos en setembro con máis novidades

A nosa fábrica de libros pechará as súas portas durante todo o mes de agosto, a partir do día 1. O equipo galáctico estará de vacacións ata setembro, coa vista e co corazón nas novidades que chegarán para o novo curso, e tamén en todos os títulos que fornecen o noso catálogo. Neste primeiro trimestre, […]
Galaxia inaugura a colección Biblioteca Xavier Alcalá

A capital do mundo, de Xavier Alcalá, é a obra encargada de inaugurar a colección bautizada co nome do autor. Esta é a segunda biblioteca creada, despois da Biblioteca Xosé Neira Vilas, dun autor vivo. Esta publicación, sitúa ás lectoras e lectores en 1957. Un adulterio ferinte, un amor tolo, imposible, son os encargados de […]
Galaxia estará na Feira do Libro da Coruña

Esta semana comeza a Feira do Libro da Coruña, a décima nesta edición, que estará aberta dende o xoves 1 de agosto, ata o 10 do mesmo mes, nos Xardíns de Méndez Núñez. A cidade alta acollerá unha programación pensada para todos os públicos. Contaremos con novidades de todo tipo, o Premio Ramón Piñeiro de […]
Galaxia distribúe “As máscaras dos homes de Nós” e “El testimonio del poder de Oseira en sus prioratos a través del arte”

Editorial Galaxia vén de distribuír dúas novas publicacións, en colaboración coa Deputación de Ourense, As máscaras dos homes de Nós, de Joaquim Ventura; e El testimonio del poder de Oseira. En sus prioratos a través del arte, de Francisco Javier Limia Gardón. Coa publicación de As máscaras dos homes de Nós, a Deputación de Ourense amosa unha […]
Hoxe celebramos a nosa cultura

Este xoves 25 de xullo celebramos o Día de Galicia, o amor pola nosa lingua, cultura e, en definitiva, a nosa identidade como pobo. Un orgullo de pertenza que festexamos cada día, a través da nosa filosofía, publicacións e idea de futuro. Coincidindo con esta efeméride, tal día coma hoxe, un 25 de xullo de […]
Galaxia estará na Feira do Libro de Rianxo

Hoxe comeza a Feira do Libro de Rianxo, a novena nesta nova edición, que estará aberta ata o 27 de xullo. Celebrarase na Praza de Castelao. Editorial Galaxia estará presente coa seguinte programación: Sábado 27 de xullo, ás 19:30 h. Espectáculo infantil con Pakolas arredor de A Ramona pequena vai á Lúa. Un álbum publicado na colección […]
Xa podedes visitar a exposición “Luísa Villalta. A música das palabras”, en Vigo

Despois de estar dispoñible, dende maio, na “Cidade Alta”, como adoitaba nomear a poeta á súa querida Coruña, a exposición sobre a homenaxeada nas Letras Galegas deste ano visita a cidade olívica. Onte celebrouse, no Museo do Mar de Galicia, a inauguración da exposición Luísa Villalta. A música das palabras. Unha mostra promovida pola Xunta […]