Despois de gañar o Premio Illa Nova de Narrativa 2020 por O axolote e outros contos de bestas e auga, a autora e xornalista achéganos a súa obra Contos gringos.
Unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas.
A realidade e o sobrenatural mestúranse, ata que é imposible distinguilos.
Xa está dispoñible en todas as librarías.
Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é licenciada en Xornalismo. Publicou as obras Os lobos na casa de Esaú (2017), Claus e o alacrán (2018) e O axolote e outros contos de bestas e auga (Premio Illa Nova de Narrativa, 2020), entre outras obras.
Tamén traduciu para o galego a poeta Antonia Pozzi en Lume branco (2021).
Entre 2021 e 2023 viviu en Iowa, fonte de inspiración para esta obra.