Celebramos o Día Internacional da Tradución

Categoría: Nova

Hoxe celebramos o Día Internacional da Tradución, unha data que pon en valor o traballo das tradutoras e tradutores que, a través do seu labor, figuras intermediarias que facilitan o diálogo e o entendemento, e propician que unha autora ou un autor poida contar a realidade do seu pobo coa opción de volverse un clásico universal.

Este é o caso de A abadía de Northanger, de Jane Austen, traducido por María Ramos Salgado. Publicado na colección Literaria Universal, é a primeira obra dunha novísima Austen que, con tan só 23 anos, enviou o manuscrito a unha editorial que nunca chegou a publicar. Saiu do prelo en 1918, tras a morte da autora, cando a súa familia recuperou o manuscrito.

Unha aguda sátira literaria e unha inspirada reflexión sobre os prexuízos e crueldades da sociedade que mostra, onde non é o que dicimos ou que pensamos o que nos define, senón o que facemos, como dixo a propia Austen. 

Grazas ao labor de tradución de Ramos, podemos acceder á súa obra en galego. Jane Austen foi está considerada a primeira grande escritora da lingua inglesa, e unha das máis lidas e recoñecidas.

A súa escrita nace dunha minuciosa observación das contradicións e eivas da sociedade que lle tocou vivir. A perspicacia psicolóxica, as caracterizacións dos personaxes, a ironía, a crítica social e unhas arrebatadoras protagonistas femininas libres de ataduras e prexuízos fan que, dous séculos despois, as súas novelas sigan a seducir as novas xeracións.

A súas obras adaptáronse en numerosas ocasións ao cine, televisión e teatro, o que demostra a vixencia da súa literatura dous séculos despois. 

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email