(Steventon, 1775-Winchester, 1817) está considerada a primeira grande escritora da lingua inglesa, e unha das máis lidas e recoñecidas.
A súa escrita nace dunha minuciosa observación das contradicións e eivas da sociedade que lle tocou vivir. A perspicacia psicolóxica, as caracterizacións dos personaxes, a ironía, a crítica social e unhas arrebatadoras protagonistas femininas libres de ataduras e prexuízos fan que, dous séculos despois, as súas novelas sigan a seducir as novas xeracións.
A súas obras adaptáronse en numerosas ocasións ao cine, televisión e teatro, o que demostra a vixencia da súa literatura dous séculos despois.