As autoras e autores de Galaxia no Culturgal 2025

Venres, 28 de novembro 17:00 h · Escenario Arte Demostración de ilustración en vivo arredor de Memorias dun neno labrego, con Iria Aldegunde. 18:00 h · Escenario Infantil Contacontos arredor de Croco, de Irene Alonso Gasalla, un relato sobre resiliencia e amizade para público a partir de 3 anos. 18:00 h · Zona de encontros […]

Palestra e clausura das Xornadas “Carlos Casares e a Editorial Galaxia”, en Nigrán

O venres, 28 de novembro, ás 19:30 h, no Cine Municipal de Nigrán (Centro Comercial da Ramallosa), celebrarase a palestra Carlos Casares e a Editorial Galaxia. A conferencia será impartida por Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia, e introducida por Carlos Méixome, historiador. O acto servirá tamén como clausura das Xornadas, coa intervención de […]

Galaxia celebra o 10º cabodano de Xosé Neira Vilas en Gres

Hoxe lembramos o 10º cabodano de Xosé Neira Vilas, unha das figuras literarias máis queridas e decisivas da nosa cultura. Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) deixou unha obra marcada pola emigración e pola memoria colectiva dun país. Memorias dun neno labrego, escrito desde esa experiencia vital, converteuse nun dos libros máis emblemáticos das nosas […]

No pasamento de Xosé Freixanes

Desde Editorial Galaxia queremos expresar o noso pesar polo pasamento de Xosé Freixanes, unha figura esencial da pintura galega e un creador que sempre entendeu a arte como unha ponte entre culturas. Acompañamos na dor á súa familia e, de maneira especial, a Víctor F. Freixanes, co que compartiu non só sangue, senón un diálogo […]

Sen voces silenciadas, sen historias borradas

O 25 de novembro lembra algo que non deberiamos esquecer ningún día: a violencia contra as mulleres segue presente en todo o mundo e a loita pola súa erradicación é unha responsabilidade colectiva. A cultura, o pensamento crítico e os libros tamén son ferramentas para transformar a realidade. Aquí van cinco obras de Editorial Galaxia […]