Convócase o VI Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

PRIMEIRA Poderán optar ao VI Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese […]
Ideas de agasallos para este Nadal

O Nadal chega sempre cargado de luz, encontros e ese costume tan noso de agasallar historias. Na Editorial Galaxia queremos facervos máis doado atopar o libro perfecto para cada persoa querida: obras que emocionan, que sorprenden e que acompañan moito máis alá destas datas. Compartimos algunhas recomendacións do noso catálogo para converter este Nadal nun […]
Tres novos títulos amplían a colección Lectura Fácil de Editorial Galaxia

Editorial Galaxia incorpora tres novas obras á súa colección Lectura Fácil, unha aposta pola lectura accesible e comprensible para todos os públicos. Todas as obras están adaptadas por Jesús Meiriño, con ilustracións de Agustina Shuan. A través dunha linguaxe que busca eliminar barreiras e favorecer a comprensión, presentamos obras como: As malas mulleres, Premio Eduardo […]
Presentación de “Asociacionismo galego en América”, na Estrada

O mércores 10 de decembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Museo do Moble e a Madeira (MOME), na Estrada, a presentación de Asociacionismo galego en América. A sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba, de Carlos Loureiro Rodríguez. Carlos Loureiro Rodríguez achéganos, tras un inxente traballo de documentación (completado con material accesible a través da […]
Editorial Galaxia conmemora o seu 75 aniversario reivindicando o papel da edición galega coa exposición “CREAR PORVIR. 75 ANIVERSARIO EDITORIAL GALAXIA (1950-2025)”

A inauguración desta mostra, que se exhibe na Sala de Exposicións da Sede Afundación en Vigo, culmina os actos do 75 Aniversario de Editorial Galaxia. Comisariada por Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega, Malores Villanueva e Xosé Manuel Dasilva, persoas expertas na materia, destaca o labor dos autores e autoras desde 1950 ata a […]
Presentación de “Perder o norte”, Premio Illa Nova de Narrativa 2025, de María Quiroga

Hoxe, venres 5 de decembro, celebrarase, ás 11 h, na sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago, unha rolda de prensa arredor de Perder o norte, Premio Illa Nova, de María Quiroga. Acompañando a autora, estarán Fuencisla Cid, directora de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés; e Malores Villanueva, coordinadora […]
Acto final conmemorativo – 75 Aniversario Editorial Galaxia. Inauguración da exposición “Crear Porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)”, en Vigo

O xoves 4 de decembro, celebrarase, ás 19:15 h, na Sala de Conferencias Sede Afundación, en Vigo, o acto final conmemorativo do 75 aniversario de Editorial Galaxia, coa inauguración da exposición de Crear Porvir. Editorial Galaxia (1950 – 2025)”. Comisariada por Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega, Malores Villanueva e Xosé Manuel Dasilva, persoas expertas […]
Xa dispoñible o audiolibro “Retrincos. Un ollo de vidro”, de Castelao

Editorial Galaxia pon á disposición do público o audiolibro Retrincos. Un ollo de vidro, unha nova maneira de achegarse a dúas obras esenciais de Castelao e da narrativa galega moderna. Nesta edición reúnense varios dos relatos que fan de Castelao un mestre da prosa galega moderna atópanse nestes Retrincos, anacos autobiográficos convertidos en contos tan sinxelos […]